junio 29, 2018 0 Categories Novas

6 claves para un maior aforro enerxético en verano

A semana pasada dábamos a benvida ao verán e con el, ao bo tempo, o calor e o sol. Aproveitando a mellora do tempo e a época de vacacións é o momento ideal para cuns simples xestos, conseguir un importante aforro enerxético que logo notarás na factura. E coa que axudarás ao teu entorno.

 

Utiliza aparatos eficientes

Á hora de comprar calquera tipo de electrodoméstico, incluídos aparatos de calefacción ou aire acondicionado, é moi importante ter en conta a eficiencia enerxética. Elixir se é posible aparatos de clase A, é dicir, cun menor consumo.

E por suposto, usalos só cando sexa necesario.

 

Airear e refrescar por medios naturais

Durante o verán todos queremos ter a nosa casa fresquiña. En ocasións, o primeiro que pensamos é en por o aire acondicionado ao máximo. Pero este debería ser o último recurso. Debemos buscar medios de ventilación e refrixeración caseiros, como airear a casa nas horas máis frescas do día, utilizar roupa lixeira e transpirable, cubrir as zonas onde da o sol con toldos ou persianas e, se hai que escoller, utilizar o ventilador. Este consume menos que o aire acondicionado.

Por suposto, se é posible, o mellor é inverter en illar correctamente a túa casa, xa que isto reducirá o gasto enerxético durante todo o ano, e terá un fogar moito máis confortable en todas as estacións.

 

Secado ao aire

O bo tempo trae moitas cousas marabillosas incluso máis alá da praia. Por exemplo, é o momento de deixar secar as prendas de roupa ao aire, e darlle un respiro á secadora. Seguro que toda a túa roupa, e incluso o teu cabelo, agradecerán poder secarse sen utilizar ningún tipo de máquina, de maneira natural e evitando o dano que o uso habitual do calor dos electrodomésticos pode ocasionar.

 

Medios de transporte menos contaminantes

Se hai algo ao que o verán anima é a camiñar. En inverno o frío ou a choiva desanímannos, pero nesta estación é o momento perfecto para percorrer a pé as pequenas distancias. Nas largas sempre podes subirte a esa bicicleta que tes algo abandonada no faiado ou usar o transporte público.

 

Fóra luces

Deixa que toda a luz do sol que trae a nova estación inunde a túa casa e apaga as luces. Sempre que podas utiliza a luz natural xa que, ademais da lóxica redución do gasto eléctrico, tamén é beneficioso para os teus ollos. Primar a luz natural á artificial é o máis convinte.

 

Cámbiate ás enerxías renovables

É o momento. Se estás preocupado polo teu consumo enerxético e pola factura que este pasa ao medio ambiente, estás preparado para dar un cambio. Se decides contratar a Enerxía Galega Máis como a túa comercializadora eléctrica estarás apostando por unha enerxía de orixe galega e 100% renovable. Ademais, coas nosas tarifas que buscan unha maior eficiencia enerxética, tamén verás reducidas as túas facturas.

Súmate ao aforro intelixente e ás facturas transparentes! Contrata Enerxía Galega Máis!