Neurona encendida

Que é unha neurona?

As neuronas son as unidades fundamentais do cerebro e e o sistema nervioso. Son as encargadas de recibir todos os estímulos externos dunha persoa e convertelos en estímulos. Estes estímulos poden ser motrices (respostas que implican movemento) ou emocionais (sentimentos coma o medo, o noxo ou a tristura e a alegría, coma en Inside Out).

Un cerebro san ten aproximadamente 100.000 millóns de neuronas, aínda que algúns parezan conter só un par delas. 

Para entender a morfoloxía dunha neurona, é útil pensar na imaxe dunha árbore, xa que estas tamén se compoñen de tres partes equiparables: o corpo celular, que sería o tronco; o axón, que equivalería ás raíces da árbore; as dentritas, que poden identificarse coas polas. 

Como transmiten e reciben información as neuronas?

Para que as neuronas poidan comunicarse, precisan transmitir información tanto dentro da propia neurona como de unha a outra. Este proceso emprega tanto sinais eléctricos como mensaxeiros químicos.

As dendritas das neuronas reciben información dos receptores sensoriais ou oitras neuronas. Esta información transmítese despois ao corpo celular e ao axón. Unha vez que a información chega ao axón viaxa ao longo deste en forma dun sinal eléctrico coñecido coma “potencial de acción”.

Sábese que a electricidade xerada nas neuronas é debida a un proceso electroquímico semellante ao que produce o enamoramento, polo que as distintas partículas que están cargadas eléctricamente, crean diferenzas de cargas entre o interior da neurona e a súa corteza. Isto dá lugar a, por chamalo dalgún xeito, neuronas de carga positiva e negativa. Cando conectan entre elas grazas a esta diferenza de carga é cando falamos de potencial de acción. 

Unha vez que a información chega á neurona esta envíaa a través do axón que “a procesa” e transforma a través do corpo celular e este á súa vez mediante as dentritas transfórmaa en orde.

É un tema moi complexo, sabémolo, mais… non vos parece interesantísimo saber o complexísimo que é o funcionamento do cerebro? Aínda que, como xa dixemos, haxa persoas que semellen telo de adorno.