agosto 2, 2018 0 Categories Novas

A importancia da eficiencia enerxética

Un dos termos máis usados na actualidade ao falar da electricidade, o consumo enerxético e as novas tecnoloxías é a eficiencia enerxética. Entorno a ela, e grazas aos anos de investigación en mellores e máis modernas tecnoloxías, xurdiron todo tipo de electrodomésticos, vehículos e outros aparatos co reclamos de ser máis eficientes. Ademais, tamén se crearon as etiquetas do certificado enerxético que califican neveiras, lavadoras e demais segundo o consumo que realizan. Pero, por que se converteu a eficiencia enerxética nun dos centros do debate do sector?

 

Nun momento no que o debate sobre as consecuencias do cambio climático está no seu punto máis ´álxido faise imperativo buscar formas de enerxía limpas, cambiar os nosos hábitos e mellorar as tecnoloxías para que podan funcionar máis cun menor consumo. Niso é precisamente no que se basea o concepto de eficiencia enerxética.

En resumo, esta refírese a como conseguir chegar a un resultado utilizando a menor enerxía posible. Deste xeito gran parte da investigación e innovación actual céntrase en buscar solucións que acaden a realizar aquelas tarefas que queremos consumindo o menos posible. Lograr que dunha menor cantidade de enerxía satisfagamos as nosas demandas como sociedade é un paso na boa dirección. “Conseguir moito con pouco” é un pilar sobre o que edificar o futuro. Reducir a enerxía que gastamos e acadar unha mellor distribución da mesma, son retos que xa se está a plantexar a sociedade.

certificado eficiencia energética
Os edificios e os electrodomésticos clasifícanse segudno a súa eficiencia, sendo A os máis eficientes e G os menos.

 

Algunhas claves da eficiencia enerxética

 

  1. Illamento. Xa sexa en vivendas, oficinas ou noutros lugares, ter un bo illamento térmico é vital. Isto permite que necesitemos menos enerxía, por exemplo, para enfriar ou quecer unha casa.
  2. Iluminación. Buscar enerxías que reduzan o consumo eléctrico ven sendo unha das metas da eficiencia enerxética. Polo momento a tecnoloxía LED, cunha maior duración e redución do gasto, é a mellor opción.
  3. Electrodomésticos. Á hora de comprar ou adquirir algún aparato, debemos consultar co noso provedor cal é a súa certificación enerxética. Sempre que podamos, elixiremos os aparatos máis eficientes.
  4. Reciclaxe. Tamén está relacionado coa eficiencia enerxética porque se queremos obter un envase, por exemplo, necesitaremos menos enerxía se o facemos mediante material reciclado que dende cero.
  5. Orientación. A localización e a orientación dun edificio vai condicionar a eficiencia do mesmo, segundo onde reciba a luz solar, as correntes de aire, etc.
  6. Edificios e comunidades sostibles. O cambio debe ser a pequena e a gran escala. Como individuos debemos variar os nosos patróns de consumo, pero tamén hai que construír edificios sostibles e adaptar as comunidades e as cidades ás novas necesidades. Tamén os inmobles contan coa súa certificación enerxética, segundo as súas características.
  7. Enerxías renovables. Son termos que van moi unidos e case se complementan para lograr unha política enerxética coherente cos tempos que vivimos.

Estes son só algúns dos puntos que nos poden axudar a ser máis eficientes na nosa vida diaria. Ademais, deste xeito, combinando o uso de enerxía renovable procedente de fontes limpas cunha tecnoloxía de última xeración e eficiente, poderemos contribuír a reducir o impacto da nosa actividade no medio natural. Loitar contra o cambio climático está nas nosas mans e dende Enerxía Galega Máis comprometémonos como comercializadora de enerxía 100% renovable. Úneste ao cambio?