aerotermia

Se hai un termo de moda dentro do mundo da climatización ese é o de aerotermia. Todavía non o coñeces? Aforrar enerxía é posible de moitos xeitos e os avances tecnolóxicos posibilitan en gran medida novas formas de facelo. Presta atención. 

Que é a aerotermia?

A aerotermia é una tecnoloxía que extrae enerxía do aire exterior grazas a un sistema de bombas e transfirea á habtitación ou auga corrente co fin de climatizar os espazos. Está considerada como unha fonte de enerxía limpa e moi eficiente. Estas bombas aerotérmicas preséntanse como unha alternativa aos sistemas convencionais capaz de extraer ata un 75% de enerxía do aire da atmósfera reducindo en gran medida o consumo de electricidade necesaria para o equipo.

En definitiva, pódese decir que a aerotermia é una aposta indispensable para o aforro. A enerxía extraída é totalmente gratuíta, polo que só se paga aproximadamente o 22% da enerxía aportada, aproximadamente. A súa vez, a enerxía aerotérmica é sostible. O consumo eléctrico elimina as tradicionais emisións de CO2.

Unha alternativa ao gasoil,gas, pellets… perfecto para quentar e refrigerar as vivendas e o suministro da auga quente sanitaria. Un referente en canto a termos de eficiencia enerxética que se abre paso no mundo da climatización.

Proceso de obtención da enerxía

Para un mellor entendemento do seu funcionamento compre coñecer o proceso levado a cabo para obter a enerxía. 

  1. A enerxía emitida polo sol é captada pola atmósfera.
  2. As bombas de calor aerotérmicas captan esa enerxía renovable do aire.
  3. A enerxía captada é utilizada nas vivendas a través dunha unidade exterior que a transmite ao interior.
  4. A unidade interior quenta a auga e produce auga quente sanitaria así como calefacción.
  5. No  verán este proceso invírtese. A calor da vivenda envíase ao exterior para producir aire acondicionado.

Vantaxes e incovenientes da aerotermia

Vantaxes

  • A maior parte da enerxía obtida provén do aire frente a unha pequena parte procedente da electricidade
  • Presenta un alto nivel de eficiencia e rendimento
  • A instalación é sinxela.
  • Válidas tanto como aire acondicionado como para calefacción.
  • Non utiliza combustibles fósiles.
  • Costes de mantemento moi reducidos.
  • Non xenera residuos nin fumes.

Inconvenientes

  • Require unha inversión inicial alta que se recupera nunha media de 3-5 anos aproximadamente.
  • En áreas climáticas moi frías desaconséllase o seu uso dado que o seu rendimento será menor.
  • A súa instalación soe implicar un aumento da potencia de electricidad contratada.
  • A presenza dunha unidad no exterior implica un pequeno impacto visual.

E ti? Xa coñecías este sistema de climatización?