Consellos para evitar un consumo excesivo na oficina

Todas as empresas teñen unha serie de gastos fixos e inevitables aos que se teñen que afrontar a finais de cada mes. Dentro de estos encóntrase a factura da luz, representando un porcentaxe alto dos gastos totais. ¿Cómo podemos evitar un consumo excesivo na oficina?

Seguramente son moitas as actividades e aspectos  aos que á empresa lle gustaría destinar parte desos recursos. Mudando algún hábito de consumo diario e mantendo unha pauta de actuación, o diñeiro aforrado pode ser invertido nesas actividades que poden ser de interese para a compañía.

¿Cómo aforrar enerxía na oficina?

Hoxe traemos unha serie de consellos cos cales podes reducir o consumo excesivo nas oficinas. Aforrar enerxía mentras traballas é posible e hoxe contámosche como.

  1. Aproveita a luz natural. Apaga as luces cando non sexan necesarias. Cunha boa distribución dos espazos de traballo pódese reducir o consumo de enerxía eléctrica grazas ao aproveitamento da luz natural. En moitas ocasións, o problema está na colocación de diferentes obxetos e moviliario como armarios ou plantas que impiden o paso desta. 
  1. Apagar os equipos de oficina. É moi frecuente deixar os ordenadores e demáis aparellos encendidos de un día para outro ou manter enchufados durante días equipos como fotocopiadoras ou impresoras a pesar de non estar en uso. Por outra banda, apostar por ordenadores portátiles é un acerto en comparación cos ordenadores de mesa tradicionais, os cales consumen moita máis electricidade.
  1. Usa bombillas de baixo consumo. Cando a luz natural non é suficiente como para prescindir de electricidade, é necesaria unha boa iluminación que ademáis pasará moitas horas encendida. De este modo, a mellor forma de reducir o seu consumo é apostar por bombillas LED, que ademais de ser mais ecolóxicas, consumen entre un 70 e un 80 % menos que as incandescentes contando tamén cunha vida útil maior.
  1. Advertir aos empleados das conductas de aforro. Os empleados e traballadores das empresas xogan un papel clave para reducir o consumo, motivo polo cal é importante realizar campañas de información e formación de boas prácticas e pautas actuación.
  1. Presta atención ao aire acondicionado. Manter a temperatura adecuada no termostato é clave para reducir a factura a final de mes. É moi frecuente atopar oficinas moi frías no verán e con exceso de calor no inverno. A temperatura recomendada para o aire acondicionado polo Instituto para a Diversificación del Ahorro y la Energía é de entre 24 e 26 grados nos meses de verán e de 21 e 23 grados durante o inverno. 

Como se pode observar son 5 consellos básicos cuxa posta en práctica non require ningún tipo de esforzo e que a finais de mes serán clave na factura da luz de cada empresa. A que estás esperando? Adiante con eles!

Se estás interesado en coñecer as nosas tarifas e ofertas, contacta connosco no teléfono 900 373 371 ou envíanos un correo electrónico a clientes@enerxiagalegamais.es. Chámanos e nós encargarémonos de todos os trámites para que pases a formar parte de Enerxía Galega Máis, a comercializadora de enerxía 100 por 100 galega.