aforrar luz no veran

Trucos para aforrar luz no verán

O aforro é un dos princiapais crebadeiros de cabeza de moita xente. En moitas ocasións pode resultar dificil por diversos factores. Sen embargo, debes saber que hai unha serie de accións básicas e sinxelas que se limitan a un cambio de hábito no teu día a día e que serán claves para aforrar. 

Na entrada de hoxe, centrámonos no aforro de luz concretamente nos meses do verán. Unha época na que, seguindo os consellos que contamos a continuación, notarás un notable cambio nas túas facturas. 

Aforrar luz no verán. Consellos e trucos

  1. Aproveitar as horas de luz natural. Os días durante os meses de verán son moito máis largos que no resto do ano. Aproveitar esta condición é un factor importante posto que se reduce o gasto da luz artificial aproveitando ao máximo as horas de luz natural.
  1. Revisión de bombillas. Unha tarea rápida e sinxela consistente na sustitución das túas bombillas polas de baixo consumo ou LED, pode supoñer un aforro no gasto enerxético dun 80%. A que están agardando?
  1. Pintar de cores claros. Se está nos teus plans de verán reformar e pintar as paredes da casa, aposta por cores claros como o blanco. Estos aumentan a luminosidade polo reflexo da luz natural ademáis de aportar unha maior sensación de amplitude.
  1. Iluminación eco no xardín. Ter en conta a iluminación do xardín tamén é importante. O mellor é utilizar lámparas solares ou luces fotovoltaicas que non precisan electricidade posto que se cargan soas ca luz do sol.
  1. Boa colocación dos aparellos de aire acondicionado. Estos débense poñer á sombra en zonas ben ventiladas. Se se quentan, precisan o dobre de enerxía para enfriar, polo que o gasto tamén aumentará. Procura, a súa vez, non tapalos nin cubrilos con prensas ou mobles.
  1. Comprobar que todo está pechado. Poñer o aire acondicionado con ventás ou portas abertas provoca o desperdicio do frío xenerado e por tanto un aumento do gasto da luz.
  1. Limpeza das consolas de aire e ventiladores. Cando os aparellos se enchen de polvo ademais de que se poden averiar, consomen o dobre de enerxía. Procura limpar con frecuencia os filtros do aire así como realizar revisións periódicas dos sistemas de refrigeración.
  1. Aislamento da casa. Un bo aislamento tanto nos meses de inverno coma no verán, evitará fugas de aire.
  1. Colocar un termostato. Esto permite controlar a temperatura do interior da casa que non debe baixar dos 22º para non incrementar o consumo.
  1. Delimitar os espazos que queres refrescar. O aire acondicionado non é preciso en todo o interiar da casa. Escolle aquelas habitacións que queres climatizar feito que reducirá o gasto de electricidade.

Aproveita estes trucos e aplícaos dende o primeiro momento do verán para aforrar o máximo posible.