As 5 claves para aforrar na factura da luz en primavera

Despois da tempestade chega a calma. En Galicia, sabemos moi ben o que esto significa. Tralo frío e chuvioso inverno chega a agardada primavera e, con ela, un aumento leve das temperaturas xunto cun incremento de horas de luz pola tarde, entre outras cousas. Todo isto axudará a aforrar na factura da luz.

Deste xeito, temos que adaptar os nosos fogares a estas condicións, nunha época na que non precisas os mesmos recursos enerxéticos que no inverno levando consigo un aforro na factura da luz.

Con cousas tan básicas como abrir as persianas e cortinas deixando entrar a luz natural na casa e aproveitando ao máximo as horas altas do día, reducirás o uso de calefacción no caso de ser preciso encendela.

Hoxe traémosvos algunhas rutinas e consellos que tes que seguir se procuras aforrar o máximo posible nesta estación do ano.

aforrar na factura da luz

As claves para aforrar na factura da luz

  1. Apagar os aparatos eléctricos. Nesta estación moitos dos aparatos utilizados durante o inverno son prescindibles. Desenchufar o deshumidificador ou o calefactor eléctrico fará que aforres na tua factura. Ademáis, recomendámosche manter en reposo apartos coma os ordenadores e televisores, modo no que se reducirá o aumento das temperatura do teu fogar.
  1. Aproveitar ó máximo a luz natural A primavera ofrécenos máis horas de luz ao día, aspecto que temos que aproveitar para evitar un consumo de electricidad innecesario.  En hora punta cando as temperaturas son máis elevadas, o noso consello é correr as cortinas e baixar un pouco as persianas.
  1. Facer limpeza dos aparatos eléctricos. Un bo mantemento dos apartos eléctricos trae consigo un aumento do seu rendimento e eficiencia así como un aforro considerable na túa factura da luz.
  1. Aposta por un ventilador. Unha alternativa a aparatos de aire acondicionado, son os ventiladores. A súa vez, cas ventás cerradas, a calor da calefacción distribuirase mellor pola casa e de novo aforrarás luz. 
  1. Optar por iluminación LED. A iluminación LED conta con unha serie de ventaxas en contraposición coa tradicional, tanto a nivel económico como no que respeta ao medio ambiente.Cambiando as bombillas incandescentes de sempre por bombillas LED, conseguirás xenerar menos calor no ambiente e reducir o gasto total.  

Aforrar é máis sinxelo do que pensabas. Segue estes consellos e verás como se reduce o gasto da túa factura da luz. E ti, que recomendacións nos das para aforrar?

Se estás interesado en coñecer as nosas tarifas e ofertas, contacta connosco no teléfono 900 373 371 ou envíanos un correo electrónico a clientes@enerxiagalegamais.es. Chámanos e nós encargarémonos de todos os trámites para que pases a formar parte de Enerxía Galega Máis, a comercializadora de enerxía 100 por 100 galega.