
Aforras na factura da luz se usas iluminación led?
O aforro é un indispensable para nós. En moitos casos, un pequeno e sinxelo cambio nunha acción ou hábito cotidiano das nosas vidas pode ser a solución ao incremento das facturas da luz a final de mes.
En anteriores posts presentámosvos claves para aforrar na factura da luz en primavera, a través dunha serie de rutinas entre as que se encontraba, entre outras, apostar por iluminación LED.
Esta é unha das estratexias máis frecuentes cando se busca reducir o consumo, sen embargo e pese a ser conscientes das súas vantaxes, todavía son moitos os fogares que se decantan pola bombilla incandescente tradicional.
A pregunta máis frecuente que nos facemos é: afórrase realmente coa iluminación LED? Presta atención, imos revelar se se trata dun mito ou dunha realidade.
Iluminación LED e aforro
Cada vez é máis frecuente ver este tipo de bombillas, tanto en fogares coma en espazos públicos e de traballo. E a realidad é que a iluminación LED é un gran aliado se o que buscas é o aforro enerxético.
Dado o seu largo periodo de vida, alcanzas un aforro de case un 88% respeto ao resto das bombillas. A acción de sustituir unha soa bombilla tradicional por unha LED supón un aforro anual de 14€ . De este modo, e a raíz do anterior, xorde unha nova cuestión: o aforro é maior apostando por bombillas de baixo consumo ou LED? Temos a resposta.
Estudios revelan que con unha soa bombilla LED aforras hasta 1,60 € o mes en comparación con unha bombilla de baixo consumo.
É evidente que o aforro varia en función dos vatios que consumen e dos seus gastos de mentemento, sen embargo non cabe duda de que ofrece numerosas vantaxes algunhas das cales presentamos a continuación.
Vantaxes de iluminación LED
Ademáis do descenso do gasto na factura da luz mensual, son moitas outras as vantaxes que as bombillas LED ofrecen.
- Baixo consumo enerxético.
- A duración dunha bombilla LED é considerablemente maior que a de unha bombilla convencional, cunha vida útil de 50.000 horas fronte as 2.000 dunha bombilla tradicional.
- Encendido instantáneo.
- Posibilidade de optar por diversos diseños, formatos e cores.
- Pouca emisión de calor.
- Son consideradas ecolóxicas posto que non conteñen mercurio.
- Baixa contaminación lumínica en exteriores.
Tal e como se pode observar, a tecnoloxía LED é a mellor opción tanto pola súa longa duración como pola redución do gasto na factura da luz. E ti? pasácheste xa a este bando?