Queres falar coa túa casa? As vantaxes da domótica

A dixitalización da vida cotidiana é un feito indiscutible e os fogares non se ían quedar atrás. Hoxe en día é posible facer gran cantidade de cousas que fai uns cantos anos eran impensables.

Abrir as persianas, apagar as luces ou cerrar as chaves de paso son algunhas das accións rutinarias do noso día a día. E se che decimos que existe unha forma que che permite despreocuparte de todo isto? As casas intelixentes existen e hoxe contámoscho neste post.

Que é a domótica?

A domótica pode definirse como unha serie de técnicas que teñen como fin automatizar a túa vivenda. De un xeite máis claro, son un conxunto de equipos tecnolóxicos que unha vez introducidos no teu fogar, axudaranche a facer as tarefas do teu día a día con servicios de seguridad, benestar ou comunicación entre outros. 

Vantaxes da domótica

Agora que xa coñeces o término imosche contar as prinicipais vantaxes de ter unha casa intelixente. Grazas á domótica, é posible recoller unha gran cantidade de información que che servirá de axuda para xestionar e optimizar o teu fogar. 

Un dos principais beneficios é a seguridade que che blinda. Ir de vacacións e preocuparse pola túa casa xa non é un problema. A través de cámaras, alarmas ou sensores serás avisado no caso de detectar un incendio, fugas de gas ou a presenza de intrusos. Isto é posible grazas a productos capaces de detectar calquer movemento inusual así como a apertura de portas e ventás co obxetivo de garantir a túa seguridade e ofrecer solucións a todos os problemas que se presenten.

Por outra banda, e se o que buscas é a comodidade, esta facilitarache en gran medida a realización das tarefas do fogar, posibilitando realizar accións cotidianas dende unha pantalla con un par de clicks, a calqueira hora do día e incluso fora da casa. 

Para que vos fagades unha idea, é posible controlar o grado de luminosidade das diferencias estancias, cerrar as persianas, encender as luces unicamente cando sexa necesario ou optimizar o uso da calefación. En consencuencia, esto  trae consigo unha redución do consumo enerxético, outra gran ventaxa da domótica que se pode percibir con claridade na factura a finais de mes. 

Como se pode observar, ter unha casa intelixente é un paso máis no rápido avance da sociedade. Ademáis, cabe destacar que calquer fogar, tanto novo como antiguo pode disfrutar destas vantaxes.

Estamos convencidos de que a domótica será, en moi pouco tempo, un imprescindible na maior parte de fogares. A tecnoloxía está cada vez máis presente no día a día de todos nós e  nun futuro esto será un habitual nas nosas vidas.