Os smartphones cambiaron a nosa forma de vida. Hoxe en día, o móbil é un aparato necesario para a vida cotiá de toda a sociedade. Por este motivo, moitos aproveitan a noite para cargalos e emprender un novo día coa batería suficiente para non ter que preocuparse de quedar sen conexión. Sen embargo, supón isto un incremento no gasto a final de mes? Canto custa cargar un móbil?

Canto custa cargar o móbil?

A batería dos móbiles consume enerxía eléctrica incluso cando xa está totalmente cargada. Aínda que estamos ante unha cantidade moi pequena, deixar o teléfono móbil enchufado desperdicia un mínimo de enerxía que se pode evitar desenchufando os cargadores no momento no que non os precisemos.

O Laboratorio Nacional Lawrence Berkeley dos Estados Unidos, conclúe que un móbil consume ao redor de 3.68 watts durante o proceso de carga e 2.24 watts cando as baterías están totalmente cargadas.

En definitiva, cargar o móbil custa ao redor de 1,40 euros ao ano (8,40 kWh). Pola contra, manter o cargador enchufado co móbil completamente cargado, consumo unha media de 0,18 euros anuais (1,09 kWh).

Consume enerxía deixar o cargador enchufado?

En relación con isto, son moitos os que deixan o cargador enchufado durante horas aínda que non se encontra o móbil cargando. Se te sintes identificado, terás curiosidade por saber se estás desperdiciando moita enerxía. Un cargador enchufado supón tan só unha media de 20 céntimos ao ano, moito menos que se está cargando un móbil.

E, que consume máis, deixar o cargador enchufado sen o móbil ou un cargador enchufado co teléfono cargado ao 100%? A resposta é que manter o móbil cargado e enchufado é un gasto doble respeto a primeira premisa.

En definitiva, cargar o móbil non conleva un gran incremento da factura da luz a final de ano. Como xa comentamos, cargar un teléfono móbil ten un custo de aproximadamente 1,50 euros anuais! Pese a que o mellor é desenchufar os cargadores cando non sexan necesarios, se a túa preocupación é o aforro tes que prestar atención a outros aparellos.

En canto a consumo, a luz supón un 16% do total de gasto eléctrico seguido da televisión ou a calefacción. Opta por non deixar as estufas eléctricas enchufadas máis tempo do necesario ou por apagar a pantalla do ordenador ou as luces cando non as precises.

Agora que xa sabes un pouco máis sobre o teu consumo, procura evitar malgastar enerxía. E ti, coñecías o gasto de cargar un teléfono móbil?

Se estás interesado en coñecer as nosas tarifas e ofertas, contacta connosco no teléfono 900 373 371 ou envíanos un correo electrónico a clientes@enerxiagalegamais.es. Chámanos e nós encargarémonos de todos os trámites para que pases a formar parte de Enerxía Galega Máis, a comercializadora de enerxía 100 por 100 galega.