cargadores solares mobil

Os cargadores solares para móbiles

As enerxías renovables xa non son unha escolla yupi reservada a unhas e uns poucos. Cada día máis, as persoas tomamos conciencia da necesidade de incorporar á nosa cotidianidade enerxías limpas e non agresivas.

Neste sentido, a enerxía solar é unha das fontes de máis doado acceso e de maior rendemento, especialmente para dispositivos que non requiren de excesiva potencia coma os teléfonos móbiles.

Son prácticos os cargadores solares para móbiles?

Os cargadores solares son moi prácticos para o campismo, por exemplo. Tamén para o sendeirismo ou as rutas en barca. Existen modelos de todo tipo e todos contan con asideiros e soportes para poder fixalos ao teito da tenda ou á asa da mochila. Hainos, incluso, que xa veñen integrados na propia mochila!

Para un uso máis doméstico recoméndanse baterías solares de acumulación que nos permitan deixalas “absorvendo” enerxía durante o día para poder empregala para a carga pola noite, xa que, para a maioría das persoas a actividade se dá durante o día e o descanso (tamén do uso do móbil) se produce pola noite. 

Que características debe ter unha batería solar para móbiles

Unha das características que debemos ter en conta á hora de escoller un cargador solar é o tamaño. Canto maior sexa a superficie do panel fotosensible, maior será a eficiencia da carga. Así mesmo, é fundamental que sexa impermeable e resistente, xa que vai pasar tempo exposta ao aire libre.

Tamén teremos que fixarnos será no voltaxe e no amperaxe de saída da batería: 

  • Voltaxe: escolleremos unha batería solar cunha voltaxe o máis semellante posible á do cargador orixinal para non danar o teléfono. Prácticamente todos os cargadores de móbiles en Europa teñen un valor de 5V.
  • Amperaxe: os amperios determinan a velocidade da carga. Así, a maior amperaxe, maior velocidade. 

E en Galicia… que fago eu cun cargador solar?

Pois sabes que, moi ao contrario do que se pensa, non é nada recomendable expor as placas solares ás altas temperaturas? Os cargadores solares (xa sexan para móbiles e outros pequenos dispositivos ou as grandes placas solares) teñen un mellor e maior rendemento nos lugares que non están permanentemente despexados. A súa eficiencia mellora en zonas como a nosa na que a incidencia do sol non castiga, tendo que ver máis co tipo de claridade.