5 maneiras de evitar que se rompa o cargador

Os cargadores son unha ferramenta case vital para todas e todos nós. O uso que facemos del é diario. Pese a iso, estráganse con bastante facilidade.

Veremos uns prácticos consellos para alongarlle a vida a estes instrumentos sen os que non poderiamos vivir.

Trucos para que o cable do cargador “non se pele”

O que sucede case sempre é que nas partes que máis se doblan, o cable do cargador acaba rompendo. Para iso podes facer algunha destas maniobras anti rotura caseiras:

  1. Usa o resorte dun bolígrafo

Enrosca o resorte dun bolígrafo de clic arredor da zona pola que habitualmente dobla o cable. Isto vale tanto para o cargador dun teléfono móbil como dun portátil, dunha tableta, etc.

Con esta solución caseira, evitarás que o cable doble de forma forzada. É moi útil para todas e todos os que andamos co cargador no bolso ou na mochila.

  1. Cinta adhesiva

Corta un anaco de fiso e, nun dos extremos, pega papel deixando algo de marxe no extremo. Enróscao arredor da clavixa que vai á toma de corrente o máis apretado que poidas (por iso é importante deixar unha marxe no fiso). Desta maneira consegurás un práctico reforzo para o cable.

  1. Merca cables reforzados

Existen cables con reforzo para teléfonos e aparellos de carga USB en prácticamente en todas as tendas físicas e e-commerce de electrónica. Non son caros, sobre todo se o comparamos con ter que mercar varios cables ao longo da vida útil do aparello en cuesión.

  1. Enrosca o cable de maneira adecuada

O que máis protexe ao cable do cargador e gardalo da maneira axeitada. Para iso é fundamental non apretalo nin facerlle nós. A tendencia a enroscalo todo o que se poida para gardalo ocupando o menor espazo posible é un erro xa que nunca o anoas do mesmo xeito e isto provoca que vaia pelando o cable. Outro erro frecuente é gardalo nunha mochila e poñerlle peso enriba. Preferiblemente garda os cargadores en petos pequenos do bolso ou da bolsa e, en caso de que non teñas, gárdao xusto ao final para que quede enriba de todo.

  1. Non lle deas tiróns

Arrincar o teléfono do cargador é un mal costume que temos moitas persoas. Outro “accidente” habitual prodúcese de noite. Se quedas durmida ou durmido mentres ves unha serie no portátil ou lendo no móbil é posible que este, ou ben caia, ou ben se nos enrosque mentres durmimos e acabemos dándolle un empurrón.

Por iso, ademáis de que non recomendamos facer uso na cama de dispositivos móbiles porque perturban o sono, é mellor que, en caso de facelo, o teñamos sen enchufar á toma de alimentación.

Son ou non son bos consellos para alongarlle a vida ao cargador?