casas ecofriendly

As casas eco-friendly xa están aquí

O cambio climático é un feito do que xa case nadie dubida. Hoxe en día son moitos os efectos negativos que este trae consigo os cales son cada vez maís percibidos no noso planeta. Pola contra, son cada vez mais as persoas que se suman a loita en contra do seu avance, a través de pequenos xestos diarios tales como o reciclaxe ou o consumo de produtos sostibles.

Pequenos xestos que pese a parecer inútiles son moi necesarios. A suma de todas as pequenas accións da sociedade dan como resultado un gran cambio. Un cambio que é posible entre outras cousas, grazas as casas eco-friendly, das que che falamos no noso post de hoxe.

Casas eco-friendly: a nova realidade

Son moitos os hábitos cos que podemos fomentar a reducción do impacto ecolóxico pero, por que non empezar construindo un espazo responsable co medio ambiente nun dos lugares onde máis tempo pasamos cada día? 

Pese a que non sempre é posible crear un espazo 100% ecolóxico, xa que sería necesario comezar a construir a vivenda dende 0,  si é posible facer dela un lugar moito máis eficiente e sostible. Unha vivenda sostible e aquela que garantiza unhas condicións de habitabiliade óptimas con un consumo mínimo de enerxía. Esto é posible a través de aspectos como o aproveitamento da luz solar, o reciclaxe ou a composición dos materiais cos que está composta.

Por un lado, procura aproveitar a luz natural dentro de cada estancia. Podes instalar sensores de movemento para automarizar o encendido e apagado das bombillas. Outra solución, moito máis sinxela, é cambiar a distribución do mobiliario para permitir o paso da luz solar no interior. De este xeito reduciráse a necesidade de encender a calefacción durante os días máis cálidos así como as luces durante o día.

Elexir un sistema de calefacción adecuadado coas túas necesidades é clave neste aspecto, posto que case a metade do gasto enerxético dunha casa procede da calefacción. Sabíalo?

En canto a materiais, debes saber que ademáis de pedra e madeira existen outros como o corcho que funcionan de aislante tan ben como estes.

Por último, os electrodomésticos; unha das principais fontes de consumo de enerxía. Escolle sempre aqueles que sexan eficientes xa que contan con un mayor ciclo de vida e un rendimento elevado. Non esquezas prestar atención a etiqueta de consumo enerxético, da que xa che falamos no noso blogue.

Estos son só algúns dos hábitos e aspectos que podes modificar no teu fogar. Coa incorporación destes cambios sentirás como te sintes moito máis agusto.

Por qué decantarse por unha casa ecolóxica?

As casas ecolóxicas son unha opción cada vez máis demandada. Hoxe presentamos as razóns de por que debes optar por unha casa con estas características.

  • Unha vivenda eco-fiendly con un bo aislamento supón un aforro no coste de calefacción así como no consumo de electricidade. Ademáis de garantizar unha sensación térmica adecuada.
  • Os materiais de construción son de alta calidade, co fin de facer de estas un espazo máis duradeiro que non requira de moitas reparacións e por tanto menos gastos de mantemento. Ademáis, os materiais son reciclados, favorecendo a salud dos seus habitantes e apostando pola protección e coidado do medio ambiente.
  • A enerxía necesaria é menor que nas casas tradicionais, posto que se aproveitan os recursos naturais como a enerxía do sol ou do aire ou a reutilización da auga.
  • Unha edificación ecolóxica pode supoñer un aforro anual de entre 30 e 60 % de consumo de luz, auga ou gas.

Todos estos aspectos van da man da reducción do impacto medioambiental. E recorda:  a suma dos pequenos xestos conlevan un gran cambio.