As cidades máis eco-friendly do mundo

As consecuencias do cambio climático son moitas e cada vez máis visibles no noso planeta: inundacións, tormentas, temperaturas cálidas, derretimento dos glaciares, desertización… Este fenómeno afecta a tódalas rexións do mundo e somos nós os únicos capacitados para frear o seu avance. A través de accións e comportamentos respetuosos co medio ambiente e unha reducción do consumo actual de cada individuo, a realidade pode ser outra moi distinta.

As cidades máis eco-friendly do planeta

As cidades son a principal causa do cambio climático, responsables de máis do 70% das emisións de gases de efecto invernadero mundiais. Nos últimos anos, moitas cidades puxeron en marcha plans de actuación contra este fenómeno comprometéndose a loitar contra o seu avance.

  1. Copenhague (Dinamarca)

A capital danesa é unhas das cidades máis ecofriendly do mundo con grandes esperanzas no futuro. Conta cun plan cuxo obxetivo é convertirse no ano 2025 na primeira capital do mundo en producir cero emisións de  CO2. O seu medio de transporte predominante é a bicicleta, contando con unha extensa red de carrís-bici que será esencial para acadar a súa previsión. A súa vez, e como dato curioso, disminuíron en máis dun 40% as suas emisións de carbono tras instalar tellados verdes nos seus edificios.

  1. Estocolmo (Suecia)

Esta cidade foi a primeira do continente en gañar o premio de Capital Verde Europea. Capital referencia mundial en materia de iniciativas sostibles, conta cunha eficiente rede de medios de transporte públicos incluindo vehículos que funcionan con biogás. Ademáis poden presumir dun alto porcentaxe de reciclaxe e manexo de residuos, co cal desenvolveron unha estructura de calefacción urbana á vez que un control dos niveis de ruído co fin de reducir a contaminacion sonora.

  1. Ámsterdam (Países Bajos)

Coñecida como a cidade na que hay máis bicicletas que personas, Ámsterdam destaca polo ciclismo, fomentando os vehículos electricos como alternativa de movilidad. No que respeta aos fogares, a maior parte das casas producen a sua propia enerxía por medio de paneis solares ou turbinas que reducen o consumo de enerxía eléctrica sen olvidar que está a ampliar os seus espazos verdes. Como dato curioso, Ámsterdam foi a primeira cidade en crear un supermercado libre de plásticos denominado Ekoplaza.

  1. Vancouver (Canadá)

Vancouver é un modelo a seguir en canto a cidade verde se refire. O 90% da electricidade producida provén de enerxías renovables e apostan por sustituír os transportes contaminantes por bicicletas. Como dato interesante, compre contar que ten un dos carrís bici máis largos do mundo ¿Sabíalo? 

Como moitas outras, ten un plan de futuro. Vancouver ten fixado como obxetivo convertirse no ano 2040 nunha cidade sostenible na sua totalidade. Actualmente o seu goberno aposta por proyectos ecolóxicos e por mercados locais así como por promover hábitos e cambios no consumo e estilo de vida dos seus habitantes que contribúan a alcanzar a sua meta.

  1. Oslo (Noruega)

Nomeada Capital Verde Europea no ano 2019, Oslo loita por preservar os seus espazos naturais e por reducir a contaminación ambiental. De este xeito, ten como obxetivo ser neutral en emisións de carbono no ano 2050.

A cidade está a levar unha serie de iniciativas para protexer a natureza ou a diversidade con accións como a creación de hortas urbanas ou o uso de vehículos eléctricos fronte aos tradicionais. 

Esto entre moitas outras iniciativas, fan de Oslo unha das cidades máis ecolóxicas, orgánicas e sostibles.

Estas son só cinco das cidades maís eco-friendly do mundo. Sin embargo, cada vez son máis as que se suman á lista. Entre outras, destacan tamén Helsinki, San Francisco, Berlín ou Portland

Agora máis que nunca, o planeta precisa da nosa axuda. ¿E ti, que fas para reducir o impacto medioambiental? Cóntanolo.