octubre 23, 2020 0 Categories Noticias

O coche eléctrico, presente e futuro

O vehículo eléctrico leva en boca de todos nós desde xa hai anos pero, ata o momento, o seu peso no parque móbil galego e español é moi reducido e apenas supón o 1 por cento de todos os vehículos matriculados.

Sen embargo, a cota de mercado dos coches eléctricos, aínda que paseniño, non para de medrar e no 2019 experimentou un incremento dun 56,3 por cento con respecto ao número de vehículos de motor eléctrico matriculados só un ano antes. Outro apuntamento que tamén demostra un cambio de tendencia e un abandono progresivo dos motores de combustión é o grande peso que teñen os vehículos híbridos entre os novos clientes dos concesionarios. Híbridos que son o paso intermedio ata adoptar a tecnoloxía puramente eléctrica para a propulsión dos nosos vehículos.

Chegados a este punto e coñecido este cambio de tendencia, por que debemos apostar agora ou nun futuro próximo polos coches eléctricos. En Enerxía Galega Máis dámosche as claves.

Que vantaxes ten un coche eléctrico?

  • É máis respectuoso co medio ambiente. A estratexia 2030 da Unión Europea de loita contra o cambio climático establece a paulatina desaparición dos coches de combustión interna pola súa grande pegada de carbono na atmosfera. Por isto, moitas cidades e a maioría das lexilacións nacionais dos países comunitarios están establecendo normativas tendentes a forzar a desaparición dos vehículos que circulan grazas a combustibles fósiles. As zonas de exclusión de vehículos contaminantes nalgunhas cidades só é unha das moitas medidas que, durante esta década, se irán adoptando polos estados para combater a contaminación ambiental e acústica.
  • Cómodo e eficiente. Os coches eléctricos son vehículos que contan normalmente coas máis altas prestacións e tecnoloxía. Teñen transmisión automática e son moi silenciosos, polo que o uso é un auténtico pracer. Ademais teñen un custo de mantemento máis reducido cós motores diesel ou gasolina.
  • Axudas públicas. Co obxectivo de reducir o número de vehículos contaminantes os gobernos nacional e comunitario na súa Axenda 2030 subvencionan desde hai xa uns anos a compra de vehículos eléctricos. Esta tendencia manterase no tempo, polo que a priori, decantarse por esta opción pode saír económico e rendible.
  • Consumo reducido. En comparación cos motores tradicionais os motores eléctricos -e cada vez máis debido aos avances da tecnoloxía- consomen menos enerxía e proporcionalmente o prezo do kw necesario para cargar un destes motores é menor que o importe de encher un motor de combustión.

E chegados ata este punto, por que é importante contar cunha compañía como Enerxía Galega Máis se te decides por un coche eléctrico

Por que escoller Enerxía Galega Máis se teño un eléctrico?

Na actualidade en España non existe un número moi grande de puntos de recarga. Porén, todo indica que o número de puntos de carga rápida irá aumentando ano a ano ata situarse como un elemento máis da paisaxe urbana, tanto nas rúas como tamén nas nosas casas e garaxes. 

Coche eléctrico Enerxía Galega Máis
Punto de carga de coche eléctrico

Precisamente, neste últimos é onde é moi necesario contar cunha compañía que che ofreza unha tarifa competitiva para poder afrontar o custo que supón cargar diariamente a batería dun coche eléctrico. Neste caso, contar cunha comercializadora fiable é máis que recomendable se o que queremos é evitar son consumos excesivos ou gastos ocultos.

Así, se estás pensando en adquirir un coche eléctrico e buscas unha oferta e tarifa axeitadas ás túas necesidades chámanos ao 900 373 371 ou envíanos un correo electrónico a clientes@enerxigalegamais.es. Nós encargarémonos de todo.