Como evitar as tarifas trampa das grandes compañías eléctricas?

Segundo revelan a maioría de enquisas e sondaxes os cidadáns seguen sen entender as complexas facturas da luz da maioría de compañías eléctricas. De feito, datos da propia Comisión Nacional de los Mercado y la Competencia (CNMC) cifran nun 70 por cento a porcentaxe de persoas que non comprende todos os conceptos da súa factura. Ademais, case un 40 por cento das familias non saben se o seu contrato está no mercado libre ou ben no mercado regulado de enerxía. Esa falta de compresión soe frustrar a capacidade de aforro xa que impide que accedan ás ofertas e ás tarifas das comercializadoras independentes que operan no mercado libre.

Igualmente, cómpre ter coidado porque non todas as compañías nese mercado libre de enerxía -especiamente as vencelladas ás grandes eléctricas que operan no mercado regulado– operan todo o ben que deberan e soen ofrecer ofertas que non son tal. Fagamos un breve repaso con algún dos “trucos” e trampas das tarifas das grandes compañías eléctricas para facernos pagar máis na nosa factura da luz.

Trampas nas que soen incorrer algunhas desas compañías

Unha das máis frecuentes é ofrecer descontos nas tarifas incluíndo cláusulas de permanencia na compañía. Nese sentido, unha das características de Enerxía Galega Máis é a súa transparencia. Por iso, non terás connosco cláusulas que te penalicen no caso de mudar a outra compañía. 

Outro deses enganos é ofrecer servizos adicionais nese contrato que realmente non necesitamos. Así, unhas boas condicións de partida vense artificialemente incrementadas por eses servizos adicionais que probablemente nunca cheguemos a utilizar. 

Outra práctica bastante frecuente entre as grandes comercializadoras que operan no mercado libre é inflar os prezos de partida para despois aplicar suculentos descontos. Aínda que eses descontos realmente se apliquen acabarás pagando moito máis.

A miúdo convén ler a letra pequena do noso contrato porque algunhas eléctricas, especialmente as máis grandes, aplican bonos en vez de aplicar tarifas planas. Eses bonos acostuman a ter un límite de consumo que nos obrigará a pagar moitos máis diñeiro se se supera ese límite de consumo. A este respecto, en Enerxía Galega Máis comprometémonos con tarifas claras e sinxelas para evitar os enganos e as trampas. 

Xa para rematar, outra das “falcatruadas” típicas de grandes comercializadoras é a práctica de obrigarte a contratar unha potencia moi superiores á realmente necesaria. Porén, en Enerxía Galega Máis sempre analizaremos as túas necesidades e ofrecerémosche as condicións máis lóxicas e vantaxosas para ti. Para que aforres e saibas como o fas.

En definitiva, unha comercializadora de enerxía independente e fiable axudarache a aforrar moito diñeiro ano tras ano na túa factura da luz. 

Se estás interesado en coñecer as nosas tarifas e ofertas, contacta connosco no teléfono 900 373 371 ou envíanos un correo electrónico a clientes@enerxiagalegamais.es. Chámanos e nós encargarémonos de todos os trámites para que pases a formar parte de Enerxía Galega Máis, a comercializadora de enerxía 100 por 100 galega.