abril 11, 2018 0 Categories Novas

Consellos para entender o recibo da luz

¿Cada vez que chega o recibo da luz tes medo de velo? Cres que pagas demasiado pero non tes moi claro como aforrar? Pois para conseguir o aforro no recibo o primeiro paso é entendelo. Se entendes o que pagas poderás comparar as diferentes compañías e encontrar a máis axeitada para o teu consumo.

 

O primeiro que hai que saber é que sempre, independentemente do tipo de tarifa elixido, o recibo da luz inclúe dous importes fundamentais:  o importe fixo, baseado na potencia contratada e o importe variable, que depende do consumo. A estes dous cargos constantes habería que engadir impostos, o aluguer dos contadores eléctricos e, nalgúns casos, os servizos adicionais que teñamos contratados.

 

É no consumo eléctrico onde máis podemos facer para aforrar na nosa factura. Podemos adquirir hábitos que reduzan o consumo de electricidade pero tamén podemos comparar os prezos do  kWh que as empresas ofrecen para cada unha das tarifas eléctricas. Na nosa compañía, dispoñemos de varias tarifas residenciais e para empresas, con tarifa fixa e tarifa indexada, dúas ofertas económicas que pode elixir dependendo do seu consumo.

 

Outro dato importante referente ao prezo da luz é o bono social. Trátase dun desconto do 25% na factura da luz sobre o prezo variable,  pensado inicialmente para axudar aos usuarios máis desfavorecidos.

Por outro lado, a meteoroloxía pode xogar un gran papel na nosa factura se non contamos cunha tarifa de prezo fixo, xa que se as chuvias no son suficientes, a enerxía por parte das hidráulicas será máis cara, é dicir, o prezo da luz sube.

E por último, hai que ter en conta os cambios regulados por lei como: cambios nas peaxes, os custos por perdas na rede ou a obrigación de financiar axudas que non todas as compañías poden ofrecer.

 

Tendo en conta todo o anteriormente dito, poderá aforrar moito máis no seu recibo da luz. E con Enerxía Máis Galega poderá desfrutar da tarifa personalizada que máis le conveña, xa que a non ser unha compañía xigante, os nosos clientes non son un máis, senón son parte da nosa familia e coidámolos para que estean contentos e conformes coa súa enerxía e o seu prezo.

Chámanos 900 373 371 e comprobao.