Consellos para un uso eficiente do aire acondicionado

Lembras cando en Galicia ter aire acondicionado nunha casa era unha auténtica excentricidade? Pois, lamentablemente e por mor do cambio climático, é unha demanda cada vez máis frecuente nos fogares do país.

Como facer un uso eficiente do aire acondicionado

Se estás pensando en mercar un aparello de aire acondicionado…

  1. Escolle o que mellor se adapte ás túas necesidades

Á hora de escoller un aparello de aire acondicionado has de ter en conta factores coma a potencia, o tamaño e o tipo de illamento da túa vivenda.

O ideal é deixarse asesorar por profesionais, mais se a búsqueda e a compra vas facela ti valora, non só o aforro en potencia, se non en que cuarto vas instalar a máquina. A orientación do sitio no que coloques o aire acondicionado inflúe, xa que se o colocas no cuarto máis quente da casa (por orientación ou por uso), o traballo que vai facer a máquina incrementarase e, polo tanto, o gasto.

  1. Pensa onde vas poñer o termostato

Estamos nas mesmas que no primeiro punto. O termostato regula a temperatura de todo o fogar, polo tanto se o colocas nun lugar extraordinariamente fresco ou quente veraste afectada ou afectado na regulación que vai facer e, case con seguridade, estarás obrigando ao aire acondicionado a traballar de xeito ineficiente por exceso ou por defecto.

  1. Algo máis de inversión para maior aforro

Se mercas un recuperador entálpico non só fará a función de limpeza de impurezas, se non que axudará ao equipo de aire acondicionado a traballar menos xa que convirten o aire viciado que expulsa o noso aparello en aire de novo puro.

Se xa tes un aparello de aire acondicionado…

  1. Procura atopar alternativas coma unha boa idratación, un ventilador de mesa ou de pé, procurar as correntes naturais do cuarto, etc. Non hai maior eficiencia que non empregar aquilo que non se precisa.
  2. Marca a temperatura á que queres que o aparello comece a refrixerar. O noso consello é que non a poñas por debaixo dos 24º porque pode producirse un efecto moi habitual que é o de estar a apagar e a prender a climatización cada pouco. Isto dase, sobre todo en oficinas. As mulleres e os homes non teñen a mesma temperatura basal, polo tanto, a temperactura exterior aféctalles de xeito distinto. Hos homes teñen unha temperatura corporal superior á das mulleres, por iso reaccionan antes á calor. Para evitar a inxustiza de que os espazos mixtos estean climatizados en base á temperatura corporal do 50%, procura que a temperatura media sexa agradable. Aforrarás cartos e medrarás en inclusión.