electrodoméstico

O electrodoméstico que máis consome da casa é…

Os electrodomésticos son os grandes consumidores de enerxía dos nosos fogares. Máis da metade da electricidade utilizada provén destes aparellos. O consumo medio de electricidade dun fogar en España e de 4.000 kWH ao ano. O uso dos electrodomésticos supón un porcentaje do 61,8%. 

Para aforrar na factura é clave coñecer o seu consumo así como o impacto que estes provocan na factura a final de mes. Hoxe contámosche cales son os electrodomésticos que máis consumen así como uns pequenos consellos para aforrar na factura da luz.

Consumo dos electrodomésticos 

Imos cunha listaxe detallada don electrodomésticos que máis enerxía consomen nas nosas casas:

  1. Frigorífico. Debido ao seu uso constante e estar encendido as 24 horas do día, estamos ante o electrodoméstico que máis electricidade consome na vivenda. Este aparello gasta un 18% do total da enerxía da casa, polo que é realmente importante que este conte cunha etiqueta enerxética de “A+++” o “A++”.
  1. Lavadora. O seu gran consumo, comprendido entre os 1.200 e 1.500 kWh na maior parte dos casos, fan da lavadora un dos electrodomésticos que máis consomen. Esta representa ao redor do 12% do consumo total de entre todos. O 80% do gasto de enerxía proven do quencemento da auga, polo que lavar a baixa temperatura supón un incremento notable no aforro. 
  1. Secadora. Sen dúbida un dos electrodomésticos que máis enerxía consome. Recorda centrifugar sempre a roupa antes de metela na secadora.
  1. Televisión. Un erro moi común é pensar que o televisor en modo stand by non consome. Non é así! Debes saber que para reducir o gasto debes apagalo completamente. 
  1. Forno. Represetando un 7% do consumo total de electricidade nunha vivenda, o forno é un dos electrodomésticos que máis gasta dado que precisa xenerar calor.
  1. Lavalouza. É habitual pensar que o uso de este aparello supón un gasto maior que lavar a man. A clave está en enchelo ben e revisar o seu mantemento para un bo rendimento e utilidade.

Consellos para aforrar no consumo da luz.

  • Apostar por electrodomésticos con calificación enerxética A.
  • Utilizar a calor residual.
  • Non deixar os aparatos en stand-by.
  • Utilizar programas cortos e de auga fría na lavadora e o programa eco no lavalouzas. Recorda limpar con frecuencia o seu filtro.
  • Mantén a temperatura do teu frigorífico entre os 3 e 7 grados.
  • Evita abrir o forno innecesariamente xa que perderás gran parte da calor acumulada.