fbpx
Consumo de electrodomésticos
enero 15, 2021 0 Categories Consumo, Enerxía Galega Máis

Canto consomen os nosos electrodomésticos?

Un dos maiores quebracabezas das familias galegas é a factura da luz e o excesivo consumo de enerxía eléctrica. E ese consumo excesivo vén moi a miúdo determinado por un uso e abuso de certos electrodomésticos. Por iso, coñecer canto consomen os nosos aparellos eléctricos pode axudarnos a recortar gastos e aforrar cada final de mes na nosa factura.

Os aparellos que gastan máis enerxía

A continuación imos facer unha listaxe dos electrodomésticos que máis afectan e disparan o consumo enerxético dun fogar.

  • Aire acondicionado. Este é un dos aparellos que máis consome. Para enfriar o ambiente necesita un funcionamento moi continuo e unha potencia tal que repercutirá significativa na nosa factura da luz.
  • Campá da cociña. A campá extractora das cociñas, se o seu funcionamento é moi prolongado e exhaustivo, provoca un gran consumo de enerxía. Por exemplo, unha campá que se empregue durante 1 hora ao día e a máxima potencia consumirá preto de 70 kw. 
  • Frigorífico. Entre os que máis gastan están o frigorífico e o conxelador. Ao estaren todo o tempo funcionando necesitan dun continuo fluxo de corrente eléctrica que afectará ao que pagamos cada mes. Por iso, cómpre apostar por neveiras ou conxeladores de clase A, moito máis eficientes enerxeticamente. Tamén se poden aplicar certos trucos, como non deixar a porta do aparello aberta durante moito tempo ou limpar o aparello frecuentemente conseguirá que aforremos na nosa factura.
  • Aparellos en modo de espera. Aínda que non sexamos conscientes os aparellos en modo de “stand by” seguen consumindo electricidade. Un fogar promedio pode estragar ata o 13 por cento da súa enerxía nos aparellos en modo de espera. O recomendable é desligar todos aqueles que non sexa preciso que funcionen continuamente, como televisores ou computadores.
  • Microondas. Outro dos electrodomésticos que segue consumindo aínda que non nos decatemos é o microondas. A lóxica levaríanos a pensar que só consomen cando están en funcionamento, sen embargo o simple feito de estaren ligados conduce a un continuo malgasto de enerxía que suporá un aumento importante na cantidade de electricidade consumida. O consello, desligar o aparello se non o imos empregar.
  • Lavadora. No promedio, estes aparellos de lavar a roupa gastan ao redor do 3 por cento da enerxía total consumida. De novo, unhas boas prácticas -das que xa vos falamos en posts anteriores- no uso da lavadora repercutirá positivamente no nivel de consumo. Entre eses consellos, encher o máximo posible a lavadora e separar a roupa, empregar deterxentes de boa calidade ou lavar en frío sempre que sexa posible. 
  • Teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos. A simple vista parece que non, pero o proceso de carga dos nosos dispositivos consome unha significativa cantidade de enerxía. Sobre todo, se se fai de continuo e en varios destes aparellos electrónicos. Ese consumo prodúcese mesmo sen estar ligado o seu cargador á corrente. Polo tanto, debemos desligar o cargador do dispositivo sempre que non o vaiamos a utilizar. Así, pouco a pouco, aforraremos na nosa factura.

Pero tan importante é coñecer canto consomen os nosos electrodomésticos como contar cunha comercializadora de enerxía que nos axude a buscar a mellor tarifa para as nosas necesidades e nivel de gasto enerxético. 

En Enerxía Galega Máis, analizaremos as túas necesidades e ofrecerémosche unha tarifa personalizada e axeitada ao teu perfil como consumidor. 
Se estás interesado en coñecer as nosas tarifas e ofertas, contacta connosco no teléfono 900 373 371 ou envíanos un correo electrónico a clientes@enerxiagalegamais.es. Chámanos e nós encargarémonos de todos os trámites para que pases a formar parte de Enerxía Galega Máis, a comercializadora de enerxía 100 por 100 galega.

Leave a Comment

Your email address will not be published.