Evita o “consumo oculto” na túa vivenda

Moitas veces por comodidade ou descoñecemento deixamos en stand by certos dispositivos que, aínda que aparentemente apagados, seguen a consumir enerxía, encarecendo a nosa factura eléctrica.

Evitar este consumo innecesario e mellorar a nosa eficiencia enerxética é determinante para non pagar o que non utilizamos. Corrixir este hábito é máis fácil do que pensamos. O importante é detectalo e poñerse mans á obra. Neste post mostrarémosche diferentes exemplos de consumos ocultos e como evitar este sobrecusto na nosa factura da luz con varios consellos.

Consellos para evitar o consumo oculto

  1. Non deixes o cargador enchufado

Aínda que non teñas o teléfono cargando, o cargador do móbil continúa consumindo enerxía. Cando remates de cargar o teléfono, desenchufa o cargador. Se cres que non te vas lembrar, existen opcións coma os temporizadores, que podes programar para que finalicen o consumo pasado un determinado tempo ou a determinadas horas.

  1. Non deixes os aparellos en stand by

Con frecuencia, os monitores de televisión ou ordenador quedan en modo repouso. Por norma xeral, entran eles sós cando non os usamos durante un tempo, por iso despois esquecemos apagalos. Pero o modo repouso tamén consume, e máis do que nos poida parecer.

  1. Fai un bo mantemento dos aparellos

Un bo exemplo son os sistemas de ventilación, aire acondicionado e calefacción. Un funcionamento incorrecto ou algunha fuga poden facer que esteamos destinando moito máis esforzo enerxético para acadar os mesmos resultados que se estivese funcionando ben.

Estes pequenos xestos poden contribuír, non só ao aforro na factura da luz que, por suposto, se non a facer un uso da enerxía máis eficiente e menos contaminante.