En agosto de 2017 a Conferencia Xeral da Unesco decidiu establecer o 16 de maio como día internacional da luz. O día celebra os avances e aportacións no tocante á luz e o ventaxoso que resulta o aproveitamento dela. 

Cal é a orixe da luz eléctrica?

Coñécese como inventor oficial da luz eléctrica a Thomas Alba Edison quen, o 22 de outubro de 1879, foi quen de prender por primeira vez (ou polo menos que se teña constancia) unha bombilla incandescente con electricidade. 

A afirmación de que Thomas A. Edison é o inventor da luz eléctrica non -é de todo certa xa que baseou o seu traballo en investicacións previas doutros investigadores. Sen ir máis lonxe Alessandro Volta, pai da pila elétrica, foi o primeiro en conseguir a incandescencia dun filamento mediante corrente eléctrica no ano 1800. 

Se ben a patente de Edison deu lugar ao mundo da iluminación tal e como o coñecemos a día de hoxe. Ata entón, o alumeado de rúas e vivendas facíase mediante gas, petróleo ou queroseno. A invención da bombilla rematou, pois, coa figura do sereno, que se encargaba de acender e apagar as proto farolas das prazas e rúas das cidades.

Por que se celebra o Día Internacional da Luz?

Segundo a UNESCO, a xornada é propicia para poñer en valor o papel que xoga a luz na vida cotiá do ser humano, especialmente nos ámbitos da ciencia, a cultura, a educación, o desenvolvemento sostible; e en campos tan diversos como a medicina, a física, a agricultura, as comunicacións e a enerxía.

A organización internacional destaca que o fenómeno natural da luz foi de vital importancia no desenvolvemento da humanidade desde o inicio dos tempos ata a actualidade, onde se atoparon diferentes formas de adaptala e utilizala en amplas aplicacións no ámbito científico.