O día de Galicia é unha data que nos fai felices por moitos motivos: celebramos o noso orgullo como pobo, a nosa lingua, a nosa cultura, as nosas tradicións… en definitiva, a nosa enerxía.

A enerxía galega

Non é un xeito de falar, é unha realidade. Cando as galegas e galegos aparecemos fora do noso “hábitat” temos un xeito moi particular de relacionarnos e de conectar coas e cos demáis. As galegas e galegos quedamos na memoria do resto, e quedamos no corazón, porque, xeralizando e con escepcións, somos persoas tranquilas, que fuxen do conflicto e, no que podemos, botamos unha man. Pode que teña que ver con estarmos abocados ao Atlántico, pode que teña que ver con estarmos lonxe para os demáis, pero o certo é que a nosa particular aldea gala resiste os envistes das sociedades modernas, tan histéricas e alteradas.

O noso tipo de enerxía é outra, máis mansa pero máis forte. Unha enerxía constante, sen picos de tensión. Coma a dos ríos con caudal grande que xeran electricidade hidráulica. 

Hoxe celebramos, pois, a Enerxía Galega, con maiúsculas e, xa que estamos, poñámoslle un Máis detrás. Porque nunca é moita cando a enerxía é boa.