Océano

A Organización das Nacións Unidas celebra o Día Mundial dos Océanos, data establecida para que cada 8 de xuño, por resolución da Asemblea Xeral desa organización, se tome conciencia das ameazas que existen sobre o elemento que ocupa o 70% da superficie da Terra.

Os océanos precisan apoio

Para as Nacións Unidas, que fixaron a data en 2009, o obxectivo da xornada é informar e educar á cidadanía sobre o impacto das accións humanas nos océanos. Así mesmo, búscase desenvolver un movemento global de cidadáns ou unir a boa parte da poboación mundial nun proxecto de xestión sostible dos océanos do mundo.

E é que o organismo, máis aló da preocupación que existe polos danos constantes que afectan aos océanos, recoñece que estes espazos son fonte de proteínas para miles de millóns de persoas, sen esquecer que é unha fonte de emprego con proxeccións de polo menos 40 millóns de persoas empregadas nas industrias oceánicas para 2030.

Accións a seguir para protexer os océanos

Un aspecto no que coinciden varios expertos é que, a pesar do deterioro existente e da abundante extracción de produtos do mar, a humanidade está a tempo de rescatar os océanos.

No mundo existen diversas iniciativas encamiñadas a rescatar e protexer o medio ambiente, pero estas teñen que ser trasladadas, ou en teoría, aplicadas doutra maneira aos océanos e aos mares.

Nun país coma o noso, no que a presenza do océano é vital, compre tomar especial conciencia e pedir, apoiar e fomentar as iniciativas no eido da investigación, ademáis da nosa propia responsabilidade co elemento que nos converte no que somos e nos dá de comer.