Os efectos do cambio climático en Galicia son visibles e moito

Se aínda existe quen negue o cambio climático ten, por unha banda, un problema de percepción da realidade e, por outro, moi pouca información ou interese por tela. O negacionismo é unha das novas “enfermidades” dos últimos tempos, e hoxe poremos exemplos de como está a afectar o cambio climático en Galicia dun xeito empírico. 

Que é o cambio climático

O cambio climático é un dos problemas máis graves aos que o planeta se enfronta nesta etapa da súa existencia. A definición das Nacións Unidas fai referencia aos cambios a longo prazo das temperaturas e os patróns climáticos. 

Estes cambios permanentes veñen dados polas emisións de gases tóxicos deribados, sobre todo, da queima de materiais fósiles coma o petróleo, o carbón e o gas, que erosionan a capa de ozono permitindo a entrada dos raios UVA que aumentan a temperatura do planeta.

Como xa sabemos, o aumento da temperatura terrestre non só se convirte en máis días de praia… Os cambios abruptos que sofre a climatoloxía dun tempo para aquíestán a traducirse en devastadoras consecuencias para a supervivencia da vida tal e como a coñecemos ata agora: aumento do volume dos océanos, terremotos, sequías, desaparición de especies de flora e fauna…

A lei de Cambio Climático e Transición Enerxética asinada en febreiro deste ano recolle medidas con prazos de implementación non excedibles ao 2040, se ben, son moitas as voces que consideran estas medidas insuficientes e esta lei, tardía.

O cambio climático en Galicia

Como diciamos ao comezo, os efectos do cambio climático en Galiza xa son visibles. 

ENtre 1962 e 2017, a temperatura media da nosa rexión aumentou de media 0,9 grados. Isto é unha auténtica barbaridade por dous motivos:

  1. O aumento de case un grado na temperatura media deuse en 2000 anos segundo as investigacións da comunidade científica. Ao ritmo que aumenta a temperatura en Galicia, no período de 2061 ao 2090, faríao nuns entre 1,7 grados (no mellor dos casos) e 3,1 nun desolador pero non improbable futuro próximo.
  2. O avance da desertización no estado Español chegaría con maior rapidez da que se pensaba á nosa rexión, coa consecuente afectación de formas de vida e de traballo, desaparición de recursos, etc.

A día de hoxe, en Galicia, xa podemos observar cambios coma a práctica desaparición das estacións. O inverno, a primavera, o verán e o outono, claramente diferenzados na nosa climatoloxía e na nosa tradición, hai tempo que se difuminan entre sí, deixándonos un panorama no que comezamos abruptamente o verán cando remata a época de choivas. O frío xa non é unha característica do noso inverno e a característica chuvia galega, persistente mais de pouca cantidade por metro cuadrado, está pasando a se converter en cicloxéneses e tifóns, máis parecidos aos do Levante que aos do propio Atlántico.

En canto á paisaxe, a deforestación que causan os lumes, a perda de flora e fauna consecuente, a falta de chuvia e o aumento do calor xa se notan nos nosos montes e praias. Tamén no aumento de compras de sistemas de ventilación, por exemplo. Un mercado que, ata hai pouco, non tiña un grande nicho de mercado na nosa rexión.
Está na nosa man poñerlle freno a consecuencias peores e, algunha das solucións que podemos aportar coma cidadás e cidadáns é facer uso de enerxías renovables e tecnoloxías limpas, por exemplo. En vindeiros artigos afondaremos en como facermos un uso máis sostible da enerxía no fogar.