evitar electricidade estática

Que é a electricidade estática e como podes evitala

Ese calambrazo que che dá un susto de morte tocando a alguén ou pechando a porta do coche é causado pola electricidade estática. É unha pequena descarga que estaba acumulada nalgún material conductor. 

Que é a electricidade estática?

A enerxía estática é unha carga sen movemento (daí o de “estática”). As cargas dos átomos, que normalmente son neutras, ás veces sofren unha descompensación que provoca unha acumulación de carga eléctrica. Se frotamos un obxecto contra outro, algúns átomos pasarán a ter máis carga positiva que negativa. A esa acumulación é ao que se lle chama electricidade estática. 

O noso corpo é un bo conductor de enerxía por iso, ao longo do día, pode ir adquirindo esta carga positiva con actividades cotiás.

Como se evita a electricidade estática?

  • Os tecidos sintéticos son grandes acumuladores de carga. Evita empregar prendas de roupa 100% sintéticas. É preferible que teñan unha cantidade maior de algodón.
  • O calzado con solas de goma tamén é unha opción de vestiario susceptible de ser conductora. Na medida do posible, procura intercambiar solas de goma con outras de esparto ou revestimento de pel.
  • Se notas a electricidade estática no cabelo, procura hidratalo con acondicionadores e levalo recollido se o tes longo.