Enerxía eólica

Enerxía eólica: que é e como funciona

A enerxía eólica, unha das renovables máis solicitadas, é aquela que se obtén da transformación do vento ou enerxía cinética. Emprégase, fundamentalmente, para conseguir electricidade e o seu uso é extensivo a prácticamente todas as zonas do planeta.

Como se transforma a enerxía cinética

A forza do aire transfórmase mediante aeromotores que producen enerxía mecánica por movemento. 

Os instrumentos de transformación de enerxía eólica máis empregados son as turbinas eléctricas ou muíños que poboan os parques eólicos. Estes xigantescos aeroxeradores accionan, mediante o movemento das hélices, os grandes alternadores que producen a enerxía eléctrica.

Moito antes do aproveitamento do vento para a creación e suministro de electricidade, o uso da enerxía eólica cumpriu un papel fundamental na sociedade preindustrial. 

Os muíños de vento, tan asociados á chaira castelá grazas á obra de Cervantes na que o Quixote os confundía con xigantes, foron un instrumento moi importante na agricultura.

O funcionamento destes tiña o mesmo mecanismo que os modernos só que o paso final, en lugar de ser a transformación en electricidade, quedaba na consecución de enerxía mecánica para a obtención de fariña, por exemplo, aínda que tamén se usaron para prensar uva ou oliva. AS aspas do muíño, accionadas co vento, movían dúas moas, normalmente de pedra, que exercían presión para o prensado.

Tipos de enerxía eólica

Existen dous grandes tipos de enerxía eólica:

Enerxía eólica terrestre

Aproveita a forza do vento como vimos arriba e precisa dos grandes aeroxeradores instalados en parques para transformar a enerxía en electricidade.

Enerxía eólica mariña

Tamén emprega a forza do vento, que acada a súa maior velocidade en alta mar. 

A enerxía eólica mariña tamén funciona con aeroxeradores coma a terrestre pero a súa instalación en grandes plataformas no leito mariño é moitísimo máis cara que en terra. Se ben, ten unha vida útil máis longa e a cantidade de enerxía que xera é maior.

Ventaxas da enerxía eólica

  • É unha fonte de enerxía inesgotable
  • É unha enerxía barata
  • É unha enerxía limpa: prácticamente non produce gases nin residuos nocivos para o medio
  • Xera empregos permanentes en mantemento e optimización