junio 20, 2018 0 Categories Novas

Enerxía Galega Máis, unha factura que non terás que interpretar

Enerxía Galega Máis chegou fai catro anos para cambiar o sector eléctrico. E isto inclúe tamén as facturas que te chegan a casa. As nosas as comprenderás sen problemas.

Pagar facturas é unha desas cousas que a maioría da xente máis detesta de volverse adultos. E a verdade, non é culpa nosa. Cada día as facturas son máis difíciles de entender, teñen máis letra pequena e en moitas ocasións utilizan una linguaxe excesivamente técnica, chegando a desesperar ao consumidor. Pero en Enerxía Galega Máis queremos cambiar isto e que, polo menos, cando recibas as nosas facturas non te produzan un dolor de cabeza e podas entendelas sen ningún problema.

Unha factura adaptada a ti

Cada factura de Enerxía Galega Máis componse de dúas follas. O primeiro que lerás na parte superior da primeira folla é o importe da factura total en €, o número de factura e o período de consumo. Tres datos básico e os máis importantes da factura. Xunto a isto temos os datos persoais do cliente e un resumo do importe da factura, desglosado por potencia contratada, enerxía consumida, aluguer de equipos e os impostos.

A potencia contratada é a parte fixa que pagas segundo o que teñas contratado. E a enerxía consumida é a parte variable, que depende do que ti consumes. A todo isto engadímoslle o IVE, o imposto de electricidade e o aluguer de equipos. Este págase porque a non ser que o contador sexa teu, será propiedade da distribuidora e por el deberás pagar o que figura no BOE.

Sinxelo, verdade? Pois seguimos amosándote como son as nosas facturas e verás que toda é así, moi simple. Cada concepto ven explicado e referenciado e cada importe da súa factura detallado.

A continuación temos dous apartados destacados coa información do consumo eléctrico e os datos do contrato. O primeiro establece o consumo anterior, o actual e real. Nos datos do contrato temos un dos apartados máis interesantes para o cliente, que inclúe:

Xa na parte inferior da factura explicamos de maneira visual o destino do importe da túa factura. Cun pequeno gráfico queremos ensinarte de maneira visual de onde ven o diñeiro que estás pagando. Para isto amosámosche a onde vai cada euro da túa factura.

Transparencia e información

A información e a formación están no noso ADN. Ofrecemos un servizo de calidade e garantimos que unha das principais razóns que nos diferencian do resto de compañías do mercado é a aposta pola transparencia e a correcta xestión da información. Por isto creamos para ti unha factura transparente, que nos esconde nada. Aí están todos os datos do teu consumo eléctrico e do noso servizo, explicado dun xeito claro e sen dobreces como amosamos arriba.

Por exemplo, ademais dos datos de consumo, a nosa factura tamén inclúe a factura ao Medio ambiente. É dicir, na segunda folla da factura incluímos dous apartados importantes.

  1. O detalle da factura, que explica os conceptos facturación por potencia contratada e por enerxía consumida, detallando o importe de coste por cada Kw. Do mesmo xeito te explicamos tamén o cálculo de cada imposto. Poderás comprobar como se calcula a túa factura e facelo ti mesmo.
  2. Por último temos a orixe e impacto ambiental da electricidade consumida. Clasificamos a enerxía segundo o seu impacto medio ambiental dende a enerxía con calificación A (a de menos impacto) ata a de G (a de máis impacto) tendo en conta dous indicadores: dióxido de carbono e residuos radioactivos. Un exemplo dunha factura nosa real sería:

Así é unha factura de Enerxía Galega Máis: accesible, clara e comprensible. Se tamén queres que a túa factura sexa así chámanos ao 900 373 371 e estaremos encantos de aconsellarte como optimizar a túa potencia contratada e baixar o prezo da túa factura adaptando a túa tarifa ás túas necesidades.

Non o dubides, ¡e únete ás tarifas transparentes!