enerxías renovables

Pobos e cidades pioneiros en enerxías renovables

Xa son varias as entradas nas que falamos das enerxías renovables e a súa importancia. Arredor do mundo, son máis de 100 cidades as que viven deste tipo de enerxías, sustentándose con un 100% de enerxías limpas.

En España, son xa 71 cidades as que contan con obxectivos e políticas de enerxía renovable. Nos casos de Madrid, Barcelona ou Málaga, manteñen actualmente os seus obxetivos 100% renovables. 

Máis alá das grandes cidades son tamén moitos os pequenos pobos e municipios os encargados de dar un paso máis e servir de exemplo a moitos outros demostrando que,  con un cambio de hábito, é posible o cuidado e mellora do planeta.  

Municipios pioneiros en enerxías renovables

  • Gotarrendura (Ávila)

Neste pequeno municipio de Ávila de tan só 170 habitantes, tomaron a dianteira en termos de enerxía. Debido a que o gasto por consumo de electricidade do ano 2012 se triplicou con respeto a 2010, deciden que a mellor solución é invertir en enerxías renovables. 

A instalación dun sistema de bombeo eólico eunha placa fotovoltaica que extrae auga dun poco a 70 metros de profundidade e que, grazas a un sistema fotovoltaica distribuen as vivendas do municipio. A súa vez, instalaron caldeiras de biomasa tanto nas instalación municipais coma no colexo. 

Por mor desta iniciativa, dous anos máis tarde o gasto reducen o gasto a niveles de 4 anos antes, paralelamente as subidas de prezo da electricidade. A verdade é que se trata dun gran exemplo a seguir.

  • Muras (Lugo)

O vento foi o encargado de deixar atrás as facturas da luz dos seus veciños. Pese a tratarse do municipio galego con máis aeroxeneradores, estes non se vían beneficiados de ningún xeito. Unha iniciativa contra a pobreza enerxética foi a causante de que o concello finance entre o 100% e o 70% da factura da luz dos habitantes con parte dos ingresos anuais recibidos dos parques eólicos. Qué che parece? Unha gran idea e unha gran solución! 

  • Llabería (Tarragona)

Esta pequena localidade de Tarragona abastece de enerxía procedente do sol e do vento grazas a unha instalación que combina enerxía fotovoltaica e eólica. Esto non é todo, senón que ademáis conta cun contador de consumo en cada fogar para contar a potencia utilizada e a necesidade de aumentala ou disminula en función do requerido.

  • Ispaster (Vizcaya)

A tan só 50 kilomentros de Bilbao, encóntrase Ispaster, un municipio que no ano 2015 utiliza como combustible para varias instalacións como a gardería, casa consistorial, ximnasio municipal ou ludotecas a producida grazas a  unha rede de distribución de calor que combina tanto enerxía solar con biomasa. No verán, as placas fotovoltaicas son as encargadas de dar apoio ao sistema. Que che parece?

O cambio enerxético é posible, e os municipios previos demostran como conseguilo. Unha pequena acción pode ser clave para loitar contra o gasto, a contaminación e a loita contra o cambio climático.