iluminación led

Aforras na factura da luz se usas iluminación led?

O aforro é un indispensable para nós. En moitos casos, un pequeno e sinxelo cambio nunha acción ou hábito cotidiano das nosas vidas pode ser a solución ao incremento das facturas da luz a final de mes.

En anteriores posts presentámosvos claves para aforrar na factura da luz en primavera, a través dunha serie de rutinas entre as que se encontraba, entre outras, apostar por iluminación LED.

Esta é unha das estratexias máis frecuentes cando se busca reducir o consumo, sen embargo e pese a ser conscientes das súas vantaxes, todavía son moitos os fogares que se decantan pola bombilla incandescente tradicional. 

A pregunta máis frecuente que nos facemos é:  afórrase realmente coa iluminación LED? Presta atención, imos revelar se se trata dun mito ou dunha realidade.

Iluminación LED e aforro

Cada vez é máis frecuente ver este tipo de bombillas, tanto en fogares coma en espazos públicos e de traballo. E a realidad é que a iluminación LED é un gran aliado se o que buscas é o aforro enerxético. 

Dado o seu largo periodo de vida, alcanzas un aforro de case un 88% respeto ao resto das bombillas. A acción de sustituir unha soa bombilla tradicional por unha LED supón un aforro anual de 14€ . De este modo, e a raíz do anterior, xorde unha nova cuestión: o aforro é maior apostando por bombillas de baixo consumo ou LED? Temos a resposta.

Estudios revelan que con unha soa bombilla LED aforras hasta 1,60 o mes en comparación con unha bombilla de baixo consumo.

É evidente que o aforro varia en función dos vatios que consumen e dos seus gastos de mentemento, sen embargo non cabe duda de que ofrece numerosas vantaxes algunhas das cales presentamos a continuación.

Vantaxes de iluminación LED

Ademáis do descenso do gasto na factura da luz mensual, son moitas outras as vantaxes que as bombillas LED ofrecen. 

  • Baixo consumo enerxético.
  • A duración dunha bombilla LED é considerablemente maior que a de unha bombilla convencional, cunha vida útil de 50.000 horas fronte as 2.000 dunha bombilla tradicional.
  • Encendido instantáneo.
  • Posibilidade de optar por diversos diseños, formatos e cores.
  • Pouca emisión de calor.
  • Son consideradas ecolóxicas posto que non conteñen mercurio.
  • Baixa contaminación lumínica en exteriores.

Tal e como se pode observar, a tecnoloxía LED é a mellor opción tanto pola súa longa duración como pola redución do gasto na factura da luz. E ti? pasácheste xa a este bando?