fbpx
Etiquetas enerxéticas
enero 22, 2021 0 Categories Consumo, Enerxía Galega Máis

As etiquetas de consumo enerxético cambian, sabes por que?

Desde hai xa moitos anos todos os electrodomésticos que se venden na Unión Europea están obrigados a incluír unha etiqueta de consumo enerxético. Sen embargo, esa etiqueta resulta algo confusa e moitos consumidores non son quen de discernir cando un electrodoméstico é eficiente enerxeticamente. 

Por iso, a partir deste 2021 as autoridades comunitarias decidiron mudar a etiquetaxe e facela máis clara para os consumidores. A principal novidade deste redeseño é a volta á escala de A a G. Esta fora substituída no seu momento por unha etiqueta con catro letras (A, B, C, D) que viñan complementadas por varios signos + que correspondían a un maior grao de eficiencia e aforro de enerxía.

Como serán as novas etiquetas enerxéticas?

A introdución destas novas etiquetas está sendo realizada por etapas. Así, nesta primeira etapa as etiquetas serán adoptadas en cinco grupos de electrodomésticos. Son os seguintes:

  • Todos os aparellos de refrixeración como frigoríficos ou conxeladores.
  • Lavadoras de roupa.
  • Lavalouzas.
  • Aparellos con pantallas electrónicas como televisores ou monitores de computador.
  • Lámpadas ou calquera outra fonte de luz.

En próximas etapas abrangueranse neste grupo de cinco máis aparellos como sistemas de aire acondicionado, secadores de roupa, humidificadores, quentadores de auga, etc.

Cando entran definitivamente en vigor estas etiquetas?

O novo sistema de etiquetaxe entra en vigor, tanto en tendas físicas como tendas en liña, o 1 de marzo deste 2021. Ata esa data mantéñense vixentes as etiquetas actuais.

Con todo, algúns fabricantes xa se están adiantando e inclúen nos seus aparellos electrónicos as novas etiquetas europeas de consumo enerxético. Por isto, non é descartable atopar dúas etiquetas distintas se mercas neste mes de xaneiro e febreiro un novo electrodoméstico.

Estas etiquetas non só son diferentes graficamente, senón que tamén se tornaron máis esixentes. A metodoloxía para calcular a letra que marca o grao de eficiencia mudou e resulta máis difícil chegar ao rango máis alto de aforro enerxético, é dicir, á letra A (A+++ na vella nomenclatura). 

En definitiva, esta nova etiquetaxe permitirá ao consumidor identificar con máis facilidade os produtos eléctricos que menos consomen. Ademais, ese cambio na metodoloxía vai forzar aos fabricantes a desenvolver novos aparellos máis innovadores e que aproveiten mellor a enerxía eléctrica. 

Pero se queremos aforrar enerxía non abonda cun bo aparello eléctrico. Ter contratado o teu subministro cunha comercializadora independente como Enerxía Galega Máis permitirache pagar menos na túa factura da luz e desfrutar de ofertas irresistibles.

Se estás interesado en coñecer as nosas tarifas e ofertas, contacta connosco no teléfono 900 373 371 ou envíanos un correo electrónico a clientes@enerxiagalegamais.es. Chámanos e nós encargarémonos de todos os trámites para que pases a formar parte de Enerxía Galega Máis, a comercializadora de enerxía 100 por 100 galega.

Leave a Comment

Your email address will not be published.