Curiosidades de fin de ano

Curiosidades e celebracións de Fin de Ano

A Noitevella ou Fin de Ano celébrase en todo o mundo segundo o calendario de cada pobo.

En Occidente (ou mellor dito naqueles países que seguen o calendario gregoriano) o final do ano márcase o día 31 de decembro dende 1582. Se ben, dentro de cada país co calendario gregoriano, hai excepcións; así, por exemplo en Marrocos, o pobo Amazigh que poboa prácticamente todo o norte de África, celebra o Ano Novo o día 12 de xaneiro.

Fin de Ano noutros países

  • Rusia

Case calquera extravagancia é asumible se ven do país máis grande (e máis tolo) do mundo. Moitas das rarezas que vemos en Youtube ou rrss provintes de Rusia parece ser que teñen como “gasolina” o consumo de alcol e a súa celebración do Fin de Ano non ía ser distinta.

A tradición manda que as rusas e rusos escriban nun papel os bos desexos para o ano que comeza e o queimen despois cunha candea. Ata aquí todo correcto. A cousa é que, despois, deberán botar as cinzas nunha copa de vodka ou champán e bebelas para que se cumpla.

  • Ecuador

O lume está moi presente nas celebracións de solsticios de todo o mundo. No caso do país latinoamericano, constrúense bonecos de papel, cartón e madeira de ata 10 metros de alto aos que se lles prende lume para festexar a entrada do novo ano.

  • Perú

Como no país anterior, as peruanas e os peruanos tamén teñen por costume a queima de figuras de gran tamaño e o uso de pirotecnia. Como curiosidade, cabe destacar que no país andino é tradición vestir de amarelo na última noite do ano para atraer a boa sorte do vindeiro.

  • Dinamarca

Sempre se dí que os países do norte son os mellor situados económicamente en canto a renda percápita, e ten que ser así vista a súa tradición de Fin de Ano máis reseñable.

As danesas e daneses teñen por costume escachar a vaixela que empregaron para a última cea do ano contra o chan e as paredes unha vez a remataron. Supomos que será unha herdanza da paixoalidade vikinga…

  • Alemaña

Son moi coñecidas as feiras de inverno que se celebran ao longo do país teutón durante todo o Nadal: decoración, doces típicos, viño quente… son só algunhas das tradicións que colorean o mes de Decembro en Alemaña.

Na noite de Fin de Ano a cidade de Berlín é a que ten maior afluenza de persoas en toda Europa cunha celebración fastuosa onde non se escatima en luces e lumes de artificio. Dentro dos fogares alemáns é tradición pintar a fronte con cinsa para chamar á boa sorte e á saúde.

  • China

O calendario chinés marca o final do ano no 11 de febreiro. As celebracións do Fin de Ano chinés son moi coñecidas, entre outras curiosidades, por duraren toda unha quincena e rematar co tradicional Festival dos Farois, que ten a súa orixe hai uns 2000 anos e que enche de faroliños de cores todo o ceo de pobos, vilas e cidades.

Hai centos de tradicións ao redor do final do ano, pois é unha data asociada ao comezo de novos ciclos vitais dende as primeiras organizacións en sociedade dos humanos. Todas elas teñen un carácter festivo, de celebración e de agradecemento.