Por que os gatos buscan calor?

Por que os gatos sempre buscan o calor?

Podes non ser especialmente amante dos gatos como animaliños de compañía pero, tes que recoñecer que é unha imaxe tenrísima ver a unha ou un felino enroscado ao sol no (case con toda seguridade) mellor lugar de descanso da casa ou o xardín.

É un feito que os felinos procuran as zonas de maior temperatura mesmo no verán: entradas de luz, ordenadores, radiadores ou mesmo a cadeira da que te acabas de levantar.

Por que buscan o calor os felinos?

A necesidade de recibir altas temperaturas externas débese, curiosamente, ao “vagos” que son.

A maior parte dos felinos durme unha media de 15 horas ao día. No caso dos gatos domésticos que viven en interiores, pode que incluso máis.

Todas estas horas de descanso desequilibran a temperatura corporal. Do mesmo xeito que as persoas ao durmir precisan facelo cubertas, os gatos necesitan a súa particular “manta” que tenden a procurar na luz do sol. Ademáis, a luz axúdalles a asimilar mellor a vitamina D que tende a ser deficitaria na súa dieta.

A pelaxe dos felinos impide pasar os raios ultravioletas polo que non hai risco de danos derivados da exposición prolongada ao sol.

De todas maneiras, hai que ter conta e fixarse no seu comportamento coa calor xa que pode ser indicativo dalgún comportamento anómalo no seu organismo. Desta forma, se en pleno verán e nas horas centrais de calor o noso amigo procura zonas de alta concentración térmica, posiblemente precise dunha visita ao veterinario.

A que non sabías esta curiosidade sobre os gatos?