Comercializadoras independentes

As comercializadoras independentes seguen gañando terreo e xa son o 16 % do mercado libre

No 2019 as empresas comercializadoras independentes de enerxía eléctrica, como é o caso de Enerxía Galega Máis, gañaron unha importante cota dentro do mercado libre. Estas empresas xa supoñen o 16 por cento dese mercado libre e o seu crecemento parece imparable.

De feito, nestes últimos catro anos, segundo recolle no seu informe a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia, estas compañías gañaron 6 puntos con respecto ás grandes comercializadoras tradicionais.

Dos case 30 millóns de puntos de subministro un 63 por cento pertence xa ao mercado libre de enerxía, o que supón un cifra de 18,5 millóns de consumidores eléctricos.

As comercializadoras independentes son máis do 50 por cento dos novos contratos

Outro dos puntos subliñables presentes no informe da CNMC é preponderancia das empresas independentes nos novos contratos . En catro anos, que son os que recolle o informe, as empresas non pertencentes aos grandes grupos de enerxía españois xa supuxeron máis do 50 por cento dos novos puntos de subministro.

Isto explícase en gran medida polas ofertas cada vez máis completas e competitivas das comercializadoras independentes e tamén, por unhas ofertas que costuman adaptarse a cada perfil de consumidor.

En que segmento aumentan especialmente as comercializadoras independentes?

Neste período entre un 30 e un 35 por centro das medianas e pequenas empresas optaron polas comercializadoras independentes do mercado libre de enerxía eléctrica. Boas ofertas e maior flexibilidade cás empresas comercializadoras tradicionais explican a confianza depositada polos emprendedores nas novas compañías como Enerxía Galega Máis. Esa mudanza de grandes conglomerados a pequenas comercializadoras independentes tamén se produciu no sector industrial, xa que un 25 por cento das empresas optou por cambiar de compañía eléctrica.

Se nos catro anos que abrangue o informe da CNMC os resultados, no que a captación de clientes se refire, foron excelentes no 2019 foron extraordinarios. O ano pasado case un 60 por cento das novas altas producíronse nas comercializadoras independentes do mercado libre.

Una tendencia que se manterá no tempo

Aínda que o labor parecía titánico as compañías independentes parecen imparables e recollen, cada vez máis, parte do novo mercado de comercialización da enerxía.

Isto débese, segundo as asociacións de consumidores, a unhas ofertas e tarifas cada vez máis económicas e competitivas, a unha política de transparencia -que contrasta coa opacidade das grandes empresas de subministro eléctrico-, a un trato personalizado do cliente e tamén a un compromiso cada vez máis claro polo medio ambiente e as enerxías renovables. 

Nunha decidida aposta polos nosos clientes, en Enerxía Galega Máis -a comercializadora independente 100 por 100 galega- seguiremos ofrecendo unhas tarifas económicas, claras e sen sorpresas
Se queres máis información sobre nós chama de balde ao 900 373 371 e atoparemos a oferta máis axeitada ás túas necesidades.