¿Como aforrar enerxía no teu fogar?

● Cambia as lámpadas de iluminación incandescente que aínda teñas instaladas no teu fogar ou en empresa a lámpadas de baixo consumo, ou leds, empeza polas zonas que máis utilices e que máis tempo estean iluminadas. A tecnoloxía leds ofrece un rendemento moi superior ás antigas lámpadas.

● Adecua a iluminación á zona onde esteas. ¿Por qué tes que iluminar toda a habitación se estás nunha mesa lendo ou utilizando o computador? Utiliza as luces indirectas.

● Apaga totalmente os equipos electrónicos que queden en stanby.

● Desconecta os cargadores de móbil cando non se empreguen. Aínda que non estean a cargar o móbil, continúan consumindo enerxía.

● Cando teñas que cambiar os electrodoméstico consulta a súa etiqueta de eficiencia enerxética.

● Se a túa cociña é de vitrocerámica aproveita a calor residual que queda despois de apagala para terminar de cociñar.

● Cando cociñes tapa as cazolas, evitarás que se che escape a calor e necesitarás darlle menos potencia.

● Utilizar a pota a presión, a súa eficiencia está por encima do 50%.

● Lava a baixa temperatura, a maior enerxía que consome a lavadora é para quentar a auga Coloca o frigorífico na zona máis fresca e ventilada da casa, e se é posible non o pegues demasiado á parede.

● Elimina a escarcha do conxelador en canto vexas que aumenta.

Descongela os alimentos o día anterior dentro do frigorífico, así aproveitaremos o frío do conxelado para arrefriar o resto.

Non utilices a lavadora ata que non estea chea.

No verán baixa as persianas durante o día así evitarás ter que arrefriar a casa con outros medios.