Coñece as nosas tarifas

Durante moitos anos o mercado eléctrico foi algo inamovible, onde o consumidor sempre saía prexudicado e as tarifas eran estáticas e únicas. Iso está cambiando e en Enerxía Galega Máis queremos que ti sexas o que decidas que potencia necesitas e canto vas pagar na túa factura da luz.

É po isto que dispoñemos de diferentes tarifas que se adaptan a ti, ás túas necesidades e características e que van a axudarche a contratar só aquela potencia eléctrica que necesites e, con iso, a aforrar na túa factura de luz.

En Enerxía Galega Máis dispoñemos de diferentes tarifas segundo a túa situación, todas elas garanten o mellor prezo do mercado e un servizo personalizado e de calidade. Coñece as nosas tarifas e pásate ás facturas transparentes!

 

Para a túa casa

A Tarifa Residencial é unha tarifa fixa que garante o mellor prezo. Pasado o primeiro ano, terá un prezo indexado que significa un resultado final que será entre un 3 e un 8% máis económico que o prezo fixo.

Ademais, aseguramos sempre o custo máis baixo dentro do comprado e que cada mes a túa tarifa variará, pero sempre ofrecendo a cantidade máis baixa posible.

 

Para a túa pequena ou mediana empresa

Para as pequenas e medianas empresas, as máis comúns dentro da economía galega, ofrecemos dúas opcións.

Por unha parte, o sistema tradicional cunha tarifa fixa para pemes, que permite un gran control do teu presuposto e gastos.

Tamén te ofrecemos unha tarifa indexada coa que diminuír o risco polo momento de peche. Esta tarifa optimiza o custo a medio e longo prazo.

Nós asesorámoste e analizamos cal é a que se adapta mellor ás túas necesidades e condicións.

 

Para a túa gran empresa

As grandes empresas teñen en Enerxía Galega Máis un amplo abano de posibilidades.

En primeiro lugar, a tarifa tradicional ou fixa, que permite controlar o presuposto, pero non así a mellor optimización do custo enerxético.

A segunda tarifa para grandes empresas coincide coa das pemes, a indexada, e ten os mesmos beneficios: optimización do custo a medio e longo prazo, facilidade á hora de realizar o seguimento do contrato e decrecemento do risco polo momento de peche.

A terceira das tarifas para grandes empresas é a mixta, que o que fai é coller as vantaxes das anteriores (control de presuposto, optimización, menor risco e facilidade de seguimento) e unificalas.

E en derradeiro lugar a tarifa Premium, que reduce os riscos de adquisición por debaixo do prezo de mercado publicado, optimiza o custo enerxético e adáptase ás necesidades do comprado.

O que te garantimos

Sexa cal sexa a tarifa que contrates, desde Enerxía Galega Máis podemos garantir un servizo no que realizamos unha análise histórica da facturación e unha optimización da potencia contratada. Somos a comercializadora de enerxía de orixe 100% galega e renovable cuxo obxectivo é ofrecerche o prezo máis competitivo, a mellor asistencia do mercado e un servizo de calidade e proximidade.

Ademais, eliminamos da túa factura a penalización por enerxía reactiva e ofrecemos tarifas e produtos personalizados para grupos tales como asociacións, Administración de fincas e outros colectivos.

Non o dubides máis e pásate a Enerxía Galega Máis! Ven consultar cal é a tarifa que mellor se adapta a ti e comeza a aforrar na factura da luz dende xa.