Consellos para aforrar na factura da luz no inverno

A chegada do frío fai que suba a factura, debido fundamentalmente a un maior uso da calefacción e a iluminación.

Hai que ter en conta que por cada grao que subimos o termostato, a factura pódese chegar a incrementar ata un 7%.

Un bo illamento de portas e xanelas ou apagar a calefacción cando non se está na casa son algunhas das medidas que se poden tomar para evitar un aumento considerable na factura.

O primeiro dos consellos é fundamental e consiste en controlar a calor. Isto quere dicir que hai que pechar os radiadores das habitacións que non usamos e manter esas portas pechadas para non restar enerxía calórica ao resto da casa. Tamén é importante purgar os radiadores antes de que comece o frío.

En segundo lugar, é moi importante ventilar á primeira hora para airear a casa e limpar o ambiente. Hai que evitar ventilar cos radiadores acesos.

Para reducir o gasto enerxético tamén é fundamental aproveitar a calor natural. Subir as persianas e ter as cortinas abertas nas horas de luz é moi importante.

O termostato debería estar a unha temperatura de 21 graos durante o día e entre 15 e 17 pola noite.

Apagar as luces das habitacións ou ter unha vestimenta adecuada para cada época do ano, é fundamental para aforra enerxía.