Dinamarca electricidad renovable

Dinamarca: electricidade 100% renovable para 2030

Fai pouco falabamos de como o sector das renovables miraba cara o futuro con certa esperanza tras o acordo ao que chegou a Unión Europea de que o 32% da enerxía usada polos 28 países que a conforman terá que ser de orixe renovable para 2030.

Non obstante, hai países que van máis alá e buscan adiantar este futuro verde e ambientalmente responsable, apostando polo respecto á natureza. Un exemplo o temos en Alemaña. O país xermano conseguiu que na primeira metade deste ano 2018, por primeira ve na súa historia, as renovables contribuíran máis que o carbón á súa xeración de electricidade.

Outro exemplo é a iniciativa que vimos xurdir nas últimas semanas en Dinamarca, onde estase a intentar e buscar que en 20130 toda a súa electricidade proceda de fontes de enerxía renovable.

En Enerxía Galega Máis estamos comprometidos coas enerxías limpas, aquelas que nos proporcionarán un futuro mellor. É por isto que soñamos cun futuro máis próximo ao danés, un futuro 100% verde e renovable.

 

Acordo no Parlamento

Os partidos políticos do país escandinavo apoiaron na súa cámara parlamentaria que no ano 2030 a totalidade da electricidade que se consuma proceda de fontes de enerxía renovable. Esta decisión leva a Dinamarca, un pequeno país do norte de Europa, a liderar unha transición enerxética que no resto do mundo vai moito máis lenta. Mentres os demais países discuten sobre se poderán chegar ao 32% de enerxía procedente de renovables, en Dinamarca plantéxanse o 100% en electricidade. É por isto que o país quere, e debe, converterse nun referente para o resto de nacións.

Dinamarca fuente renovable

Dinamarca busca ser un referente na súa aposta por unha enerxía renovable.

Numerosas e ambiciosas iniciativas

Para poder acadar este obxectivo, chegaron a unha serie de acordor a iniciativas entre todos os partidos con representación no Parlamento danés. Entre as numerosas propostas, podemos destacar catro que pola súa importancia a envergadura poden chegar a ter un maior impacto.

  1. Todo á enerxía eólica: tres parque eólicos mariños para 2030 e saída a poxa de 2.400 megavatios de potencia en total.
  2. Gran inversión en investigación e desenvolvemento en temáticas de enerxía e cambio climáticos: 134 millóns ara 2024.
  3. Vantaxes para as renovables. Un compromiso de 564 millóns de euros para poxas de potencia renovable. As tecnoloxías eólicas, fotovoltaicas, etc. Poderán competir por entregar o quilovatio hora máis barato.
  4. Ampla inversión en transporte ecolóxico entre 2020 e 2024.

 

 

Con todas estas (e mais) medidas, Dinamarca comprométese a que a súa electricidade procederá totalmente de fontes renovables para o ano 2030 e á completa independencia enerxética para o 2050. É dicir, esperan lograr o 100% de enerxía limpa para o ano 2050 incluíndo a produción de enerxía térmica e transporte. Conseguirano?

En Enerxía Galega Máis xa vivimos nese futuro posible, como comercializadora que ofrece unha enerxía 100% de orixe galego e renovable. Non te quedes atrás e contacta connosco!