Enerxía Galega Máis nace no ano 2014.

Somos a compañía comercializadora máis nova de Galicia. Está formada por capital galego 100% e pertence ó Grupo Eje Atlántico 3000 S.L. Pagamos os nosos impostos en Galicia

Somos unha empresa xoven e moi áxiles á hora de adaptarnos ó mercado actual.

¿Sabes que fai unha comercializadora de enerxía eléctrica?

A comercializadora compra a enerxía no mercado da produción e utiliza as redes do distribuidor pagando unha peaxe regulada.

¿Sabes o que nos fai diferentes? Aportamos ó mercado os seguintes valores:

1.- Transparencia. Abrimos un abanico de posibilidades ós nosos clientes.
2.- Flexibilidad. Ofrecemos contratos flexibles en duración e modalidade de contratación.
3.- Formación e información. Poñemos a túa disposición ferramentas innovadoras para a xestión dos teus contratos.
4.- Atención personalizada. Proporcionamos o asesoramento necesario para garantirte o teu aforro na túa factura.
5.- Fidelización. Temos como obxectivo a fidelización e permanencia dos nosos clientes.

Con nós vas entender os produtos que estás a contratar.

Estamos presentes en todos os mercados: Residencial, Pemes e Industria, neste intres temos máis de 10.000 clientes que traballan con nós.

¿Que facemos?

Valores comerciais:

  • Produto indiferenciable. A subministración de enerxía será sempre o mesmo independentemente de con quen contrate o servizo. O único labor da Comercializadora é “facturar” a enerxía eléctrica consumida. Nós ademais, incluímos diferentes VANTAXES sen custos adicionais.
  • Prezo competitivo. As ofertas do resto de compañías serán moi parecidas en prezo, nós garantimos un “bo prezo” de mercado.
  • Compañía Galega. Aspiramos a ser a compañía “forte” de Galicia, que por agora non existe.
  • Mellor servizo. O noso valor engadido ademais da proximidade, é a transparencia a través da información e a flexibilidade.
  • Novos produtos. Poñemos os produtos ata agora reservados á “gran empresa” ao alcance de pequenos consumidores.
  • Ao non ser unha compañía “xigante”, podemos personalizar a atención aos nosos clientes (non van ser un número máis).

Servizos

Somos unha comercializadora independente, nova, áxil e con capacidade para ofrecer novas posibilidades no mercado eléctrico.

Optimización de Potencia.- Análise histórica da facturación e optimización do termo de potencia.

Eliminación Penalización Reactiva. Análise histórica de facturas, dimensionado de batería de condensadores para eliminación de “penalización por reactiva”.

Información sobre Mercados.- É moi importante estar ao día do comportamento dos Mercados Eléctricos para tomar decisións de contratación.

Colectivos.-Confeccionamos tarifas e produtos personalizados para grupos tales como Asociacións, Administración de leiras e outros colectivos.

Os nenos o saben!

Os maiores o saben!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies