Touriñán Enerxía Galega Máis

Pasos para cambiar de comercializadora eléctrica

Consideras que pagas demais na túa factura eléctrica e queres dar un paso adiante e buscar novas ofertas para aforrar no teu recibo. Antes de facelo e decidirte a cambiar de comercializadora eléctrica cómpre que saibas como facelo e tamén uns cantos consellos para que o fagas con garantías.

Como cambio de comercializadora eléctrica?

A día de hoxe o cambio de compañía é totalmente gratuíto e consiste simplemente en pasar o meu subministro dunha comercializadora de enerxía a outra diferente. Acción á que aínda somos moi reticentes por descoñecemento e pola falsa percepción de que cambiarnos dunha compañía a outra será un procedimento complexo e duradoiro. Sen embargo, nada máis lonxe da realidade. 

Compañías independentes como Enerxía Galega Máis deron grandes pasos neste sentido e darse de alta nos seus servizos é rápido e sinxelo. Desde a nosa compañía encargarémonos de facer todos os trámites necesarios para que esa transición dunha compañía a outra pase practicamente desapercibida. 

Igualmente, e antes de tomar a decisión final, cómpre tomar en consideración varios consellos se o que queremos é mudar de comercializadora.

Tres consellos para cambiar de comercializadora

  1. Antes de escoller unha compañía compara moi ben os prezos e os servizos que che ofrece cada unha.
  2. Le atentamente as condicións do contrato. A este respecto Enerxía Galega Máis comprométese a manter unhas condicións claras desde o primeiro día.
  3. Examina o contrato coa túa actual compañía por se houbese cláusulas de permanencia que no caso de mudar de compañía suporían un desembolso por parte do consumidor. Tamén poden incluír os contratos outras condicións ocultas que debes observar e analizar con moito tino para evitar enganos e fraudes encubertas.

Pódenme cortar a luz no proceso de cambio de compañía?

Outros dos medos que se repite entre os consumidores é o temor a quedar sen enerxía eléctrica durante o procedimento de cambio de compañía. 

Pero ese medo é totalmente infundado, xa que a lexislación vixente protexe ao consumidor durante ese proceso administrativo de transición dunha comercializadora a outra, precisamente para evitar cortes de subministro. 

Comos ves non hai motivo para temer posibles consecuencias se cambio de compañía. Moi ao contrario, optar por outras opcións como Enerxía Galega Máis, a comercializadora 100 por 100 galega, servirache para acceder a ofertas moi vantaxosas que se adaptarán e personalizarán acorde ás túas necesidades.

Se queres saber que ofertas temos para ti contacta connosco no teléfono 900 373 371 ou envíanos un correo electrónico a clientes@enerxiagalegamais.es