Enchúfate a la tarifa de la luz más barata con Enerxía Galega Máis

Queres gozar das tarifas máis baratas do mercado eléctrico?

Gustaríache deixar de sentir a incerteza de canto vas pagar polos teus recibos de electricidade a final de mes? Si é así, Enerxía Galega Máis é a empresa que necesitas.

Como logramos converter o teu aforro en realidade?
Conseguímolo a través do compromiso, a seguridade e a confianza que os nosos clientes poñen na nosa empresa cada día porque somo a comercializadora eléctrica coas tarifas máis baratas do mercado español.

En Enerxía Galega Máis atoparás varias tarifas que che garanten o prezo máis económico
na actualidade e ademais contarás cun servizo personalizado áxil e de calidade.

As diferentes tarifas coas que contamos na actualidade son as que detallamos a continuación:

• TARIFA SEN HOSTIAS: Esta tarifa permíteche ter a seguridade de pagar a mesma cota todos os meses do ano, sen levarche ningún susto. Saberás desde o primeiro día o importe que vas pagar.
O contrato é de 1 ano con compromiso notarial.

• TARIFA A IMPORTANCIA DA PALABRA: Para ti son importantes as palabras? Si o é tanto como para nós atopaches a túa comercializadora de electricidade de referencia. É unha das tarifas máis baratas que existe na actualidade. Comprarás a enerxía ao mesmo prezo que o facemos as compañías eléctricas existentes no mercado. prezo de custo + 2,70€ de gastos de xestión na compra.
Enerxía Galega Máis cobrarémosche unha liña especificada na factura por realizar as xestións de compra de 2,70€.

• TARIFA 12*11: A quen non lle gusta que fagan un agasallo? A nós desde logo gústanos. É por iso que con esta tarifa obterás un mes gratis cada ano. Para logralo terás que renovar o contrato connosco, durante un ano máis e nós encargámonos de descontarche un dos meses do ano do teu consumo. Así mesmo queremos que saibas que o prezo do KWH neste produto é de 0,127239.

• TARIFA XABARÍN: Xa es cliente noso? Si é así, esta tarifa está creada para ti. Consiste en que, se nos traes un cliente novo, descontámosche automaticamente na túa próxima factura 25€. Se non nos crees ven a comprobalo. Non hai trampas. Se queres traer máis dun, podes, non temos límite de clientes.

Ademais, coas nosas tarifas Sen Hostias, A importancia da Palabra e 12 11, se es asalariado con contrato indefinido e vasche ao paro durante a vixencia do contrato connosco facémonos cargo do teu consumo de enerxía durante o resto de vixencia do contrato e o tempo que esteas no paro durante a duración do mesmo.

A nosa empresa bríndache esa estabilidade económica que estabas a buscar nos teus recibos de luz. É por iso que creamos as tarifas cos prezos máis alcanzables do mercado, pensadas para ti, coa finalidade de que poidas gozar dun ben básico, sen prezos desorbitados.

En Enerxía Galega Máis pensamos no teu beneficio e é por iso que connosco deixarás de ser un número máis. Merécesche facturas de luz que sexan transparentes e que non che quiten o soño.

Para comprobalo por ti mesmo/a chámanos ao número de teléfono gratuíto 900 373 371 ou envíanos un e-mail con calquera dúbida que se che plante a clientes@enerxiagalegamais.es, estaremos encantados de atenderche.