Sabes cales son as enerxías primarias renovables das que dispoñemos en Galicia?

O Inega (Instituto Enerxético de Galicia) elaborou no ano 2019 o “Balance enerxético de Galicia” que se corresponde cos datos do ano 2018.

Este informe ten como obxectivo coñecer o potencial enerxético da nosa comunidade, desde as enerxías primarias ata lle consumo final das mesmas, permitindo a realización dun programa para fomentar a diversificación e a optimización da enerxía.

As fontes enerxéticas das que dispoñemos actualmente son as seguintes:

-Auga:

Grande hidráulica: É a producida en centrais con potencia superior a 10  MW.

Minihidráulica: Prodúcese en centrais con potencia inferior ou igual a 10  MW.

-Biomasa:

Fracción biodegradable dos produtos, desfeitos e residuos de orixe biolóxica procedentes de actividades agrarias (incluídas as substancias de orixe vexetal e de orixe animal), da silvicultura e das industrias  conexas, incluídas a pesca e a acuicultura, así como a fracción biodegradable dos residuos industriais e municipais.

– Biogás:

Enerxía do  biogás, gas composto principalmente por metano e dióxido de carbono, producido pola dixestión  anaeróbica de biomasa.

-Biocarburantes:

Combustible líquido ou  gaseoso utilizado para o transporte, producido a partir da biomasa.

– RSU:

Enerxía dos residuos sólidos urbanos ( RSU).

-Outros residuos e enerxías residuais:

Residuos  Marpol, aceites reciclados procedentes de vehículos e barcos, graxas animais, e enerxías residuais dos procesos produtivos.

-Vento:

Enerxía procedente dos parques eólicos.

-Sol:

Enerxía procedente das instalacións solares térmicas e fotovoltaicas.

-Enerxía  geotérmica:

Enerxía almacenada en forma de calor baixa a superficie da terra sólida.

-Enerxía  aerotérmica:

Enerxía almacenada en forma de calor no aire ambiente.

-Enerxía  hidrotérmica:

Enerxía almacenada en forma de calor nas augas superficiais.

 

Enerxía Primaria Galega

*Tendo en conta os movementos de stocks

No ano 2018 a proporción de electricidade xerada con fontes renovables foi do 56% (no ano 2017 foi do 41%), pola contra, a proporción da xerada polas centrais termoeléctricas de carbón baixou dun 41% no ano 2017 a un 33% no ano 2018.