Sabes como aforrar no consumo eléctrico do teu fogar?

Consellos para reducir a túa factura de luz a final de mes.

Actualmente estamos a padecer unha crise sanitaria a nivel mundial debido ao COVID-19, isto levounos a sufrir unha crise económica causada polo parón en todo tipo de actividades empresariais, exceptuando os servizos máis esenciais (supermercados, farmacias, panaderías, etc.).

Isto orixinou que moitas familias víronse moi prexudicadas economicamente por esta situación.

Debido a isto en Enerxía  Galega  Máis consideramos que é adecuado brindarche algún que outro consello para que poidas aforrar no consumo eléctrico de forma eficaz coa finalidade de que as túas facturas de luz non se disparen a fin de mes. Somos conscientes de que necesitas ter un aforro no teu consumo. Neste artigo imos facilitar uns cuantos consellos para realizar un uso do consumo da electricidade de forma máis eficaz no teu fogar. Son moi fáciles de levar a cabo, xa que teñen relación coas actividades cotiás que realizas na túa casa cada día.

Ás veces non somos conscientes de que cambiando pequenos hábitos pódennos axudar no aforro da factura da luz.  Como, por exemplo:

  1. Antepoñer a luz natural sobre a eléctrica.
  2. Desactivar todas as máquinas que non se utilicen (freidoras, lavadoras, ordenadores etc.).
  3. Minorar a iluminación dos dispositivos móbiles.
  4. Se non precisas de luz na estancia da casa na que che atopas, é recomendable apagala.
  5. Mentres estás a cociñar e tes alimentos en cocción, o máis óptimo é tapar o recipiente que esteas a utilizar.
  6. Para o uso de lavadora, é recomendable programala en lavado rápido e evitar utilizar o lavado con auga quente.

 

En resumidas contas, para aforrar no teu recibo de luz necesitas adquirir hábitos que che axuden a reducir o consumo de eléctrico. Por último e non por iso menos importante, é que a túa factura da luz sexa clara e fácil de comprender para poder chegar a entender perfectamente os consumos polos que estas pagando.

Así mesmo, en Enerxía Galega Máis, estamos para garantirche unha información adecuada e unha atención personalizada, dando sempre solución a calquera dúbida que nos poidas expor. Estamos á túa disposición no teléfono gratuíto 900 373 371 ou a través de mostra páxina web www.enerxiagalegamais.es