Sabes que tarifa tes contratada no teu fogar?

3 de cada 10 usuarios descoñecen a tarifa eléctrica contratada

Un 17% dos fogares españois cambiou de oferta de electricidade nos últimos dous anos.
No caso da subministración eléctrica, un 26% dos fogares buscaron unha nova oferta a través dun comparador.
Agora ben, aínda que unha elevada porcentaxe de fogares afirman comprender as condicións da nova oferta, máis dun 15% declara non entendelas. Neste sentido, a CNMC publicou recomendacións que poden axudar ao consumidor para elixir a oferta que mellor se adapte ás súas necesidades.
A pesar de que cada vez hai máis usuarios (aproximadamente o 75%) que ven cumprirse as novas condicións contratadas, ao redor do 10% dos que cambiaron de contrato detectaron servizos con custos adicionais na súa factura.
Por outra banda, persiste a falta de coñecemento sobre o sector enerxético. Así, tres de cada dez usuarios afirman non coñecer o tipo de tarifa eléctrica que ten contratada. O 27,2% declara ter unha tarifa por horas, mentres que o 15,4% contrata unha tarifa con discriminación horaria en dúas ou ou tres tramos.
Entre os fogares con este último tipo de tarifa, nove de cada dez teñen en conta a diferenza de prezos para realizar os seus hábitos de consumo, por exemplo, para acender o aire acondicionado ou poñer a lavadora. Con todo, soamente un 40% dos que teñen unha tarifa por horas con contador dixital adaptan o seu consumo para diminuír a factura