Vantaxes e inconvenientes das enerxías renovables

As enerxías renovables non producen emisións de CO2 e outros gases contaminantes á atmosfera, diminuíndo o efecto invernadoiro.

Son enerxías que tampouco xeran residuos de difícil tratamento e son inesgotables.

Este tipo de enerxías evitan a dependencias do exterior e, en moitas ocasións, podemos chegar a fabricar enerxía en nosa propia casa.

Entre as vantaxes que teñen, hai que destacar que crean cinco veces máis postos de traballo que as convencionais.

As enerxías renovables han permitido desenvolver en España tecnoloxías propias, que nos fan ser líderes mundiais na fabricación de paneis solares e muíños eólicos.

Entre os inconvenientes, hai que destacar que son enerxías que producen impactos visuais elevados.

Coas enerxías renovables non sempre se obtén a mesma enerxía xa que dependen de se hai vento ou da cantidade de sol. Un problema que fai que, en ocasións, teñan que ser complementadas con outro tipo de enerxías.

Para este tipo de enerxías necesítanse grandes extensións de terreo para obter unha cantidade apreciable de enerxía.