aforro na factura

Tes unha instalación gandeira? Aforra na factura da luz

Nunha época marcada polo aumento da demanda enerxética, é necesario poñer en marcha iniciativas e plans de redución do consumo en todos os ámbitos. 

Sectores como o da gandería requiren cada vez maiores niveis de mecanización e automatización polo que cómpre poñer en marcha medidas de aforro e mellora da eficiencia enerxética.

Aspectos básicos para aforrar na factura da luz

  1. Aillamento. Un dos aspectos principais a ter en conta para a mellora da eficiencia enerxética é o aillamento. Un aillamento axeitado da túa instalación gandeira supón non só un notable aforro de enerxía senón tamén unha mellora do confort do gando así como a conservación do propio edifcio.

Ten en conta que os materiais empregado na construcción son claves para que se produza un aillamento térmico óptimo. Aposta por aillamentos impermeables ao vapor de agua, que non reteñan a humidade e que sexan resistentes aos golpes ofrecen a sua vez protección cara os raios ultravioleta. Un bo aillamento de cuberta pode evitar ata o 70% das pérdidas de enerxía totais. 

  1. Climatización. 

Combinar a ventilación natural e a dinámica é o habitual neste tipo de instalacións. Para un control desta última é preciso a instalación de boas caixas de programación ou reguladores e estar ao tanto do seu funcionamento. Debes respetar os caudais de instalación recomendados polos técnicos e axustar nos reguladores o caudal mínimo da 75V.

  1. Iluminación. Neste tipo de instalacións requírese unha alta potencia luminosa. Polo tanto, é recomendable a instalación de iluminación de alta eficiencia enerxética para reducir o consumo. 

Cambiar as lámpadas incandescentes polas fluorescentes sempre que sexa posible supón un aforro económico considerable. Se na túa instalación os periodos de prendido da luz son longos, instala lámpadas de baixo consumo. Utiliza tons claros como blanco e mantén as superficies limpas. Isto aumenta o rendemento dos sistemas de iluminación. Non esquezas tampouco a limpeza de lámpadas e demais luminarias.

  1. Estanqueidad. Para evitar o sobreconsumo de enerxía na túa instalación gandeira tes que ter en conta unha serie de recomendacións. Por un lados utilizar xuntas elásticas nas unións ou sellar con espuma ou latex as xuntas tanto de ventás, portas ou elementos de ventilación evitará a entrada de aire que afecta a ventilación ou aumenta notable o consumo da calefacción.
  1. Revisión e mantemento dos equipos. A interrupción dos procesos de produción nunca é desexable. Habitualmente isto provén de problemas dos equipos que requiren reparacións moi costosas. 
  1. Implantación de barreras vexetais cortaventos que facilitan a xestión da ventilación natural na túa instalación e reducindo as pérdidas enerxéticas pola ventilación.

Como é visible, pódense aplicar medidas de aforro enerxético en todos os ámbitos.  Ademáis do aforro  estarás axudando a sostibilidade e conservación do planeta. Agora que xa sabes como aforrar na factura da luz, a que estás esperando?