instalacion solar fotovoltaica

As características dunha instalación solar fotovoltaica

A maneira na que se produce enerxía é un factor clave non só para o presente senón tamén para o futuro do noso planeta. Este feito é o causante de que, nos últimos anos, se incrementase en gran medida o abastecemento por parte de enerxías renovables, obtendo de este xeito enerxía de forma indefinida e sen efectos nocivos para o medio ambiente.

Nos últimos anos, esta enerxía mantén unha tendencia á alza en países como España, Chile ou Arxentina, entre outros.

Dentro de esta, atópase a enerxía solas fotovoltaica, aquela que é obtida ao convertir en electricidade a luz procedente do sol e producida en diferentes instalación. ¡Contámoscho!

Características dunha instalación solar fotovoltaica

As instalacións solares fotovoltaias son diversas en función do seu uso. Existen instalacións para autoconsumo, presentes tanto en vivendas como empresas cuxo consumo non supera os 100kW de potencia instalada. 

Por outra banda, atópanse as centrais fotovoltaicas, aquelas encargadas de abastecer a núcleos grandes de poboación alcanzando os 1500 MW de potencia instalada.

Para falar das súas vantaxes, compre primeiro coñecer o seu funcionamento. Entre os compoñentes que conforman este tipo de instalacións destaca o módulo solar fotovoltaico, o elemento principal e o encargado de convertir a enerxía do sol en enerxía eléctrica. Trátase dunha serie de paneles compostos por células de silicio, material semiconductor, conectadas entre si e que variarán en función do gasto previsto.

Ademáis, permite instalar baterías co fin de almacenar a electricidade en desuso ou sobrante para ser utilizada posteriormente cando sexa preciso.

A enerxía solar é o futuro polo que cabe presentar as ventaxas principais que ofrece este tipo de instalacións. Por unha banda, a enerxía producida é no só gratuita senón tamén renovable e non contaminante contribuindo ó desenvolvemente sostible. Non se producen emisións nocivas, sendo de este xeito respetuosa co medio.

Paralelamente, os paneles fotovoltaicos non producen contaminación acústica. Son silenciosos e por tanto adaptables a calquer espazo, posibilitando en gran medida esta adaptabilidade a posibilidade de facer módulos de todos os tamaños e a facilidade de transporte do material e compoñentes.

No que respecta a gastos, os custos de operación son baixos. O seu mantemento tamén é ecónomico. Os paneles teñen unha duración de aproximadamente 30 anos con un mantemento sinxelo basado únicamente en limpar a súa superficie e comprobar as unións. 

Como queda demostrado, a enerxía fotovoltaica lidera o sector de enerxías renovables e preséntase como unha das mellores alternativas por tratarse dunha fonte sostible e respetuosa co medio e con todo o planeta.