Inventos de eficiencia enerxética

Tres inventos de eficiencia enerxética

Os avances en enerxía renovable son incribles. A búsqueda constante de enrexías limpas e sistemas sostibles de producción das mesmas, ocupan os principais estudos das grandes empresas e universidades. 

O certo é que, a día de hoxe, algúns dos inventos que se propoñen nesta liña provócannos a mesma sensación que cando viamos Futurama sendo nenos. 

Hoxe escollemos tres inventos de eficiencia enerxética que nos sorprenderon por diferentes motivos:

Xanelas feitas de paneis solares

Hai un par de anos presentáronse as primeiras xanelas de vidro fotovoltaico que xeran enerxía solar. Trátase de cristais semitransparentes que, de momento, requiren dun desplegue a grande escala para que sexan rendibles.

Aínda non son a mellor opción “a nivel usuario” pero téñense implementado grandes avances para a súa socialización nun prazo razoable de tempo. 

A enerxía solar é un dos recursos máis estudados para a súa explotación en cada vez máis campos, especialmente no seu aproveitamento doméstico. Todo apunta a que non tardaremos en ver xanelas fotovoltaicas en edificios e vivendas unifamiliares.

Bici-lavadora

Este invento tennos a cabeza rota! Ou sexa, hai unha mistura máis idónea para procrastinadoras e crossfiteros? É o invento definitivo para a vida moderna!

O funcionamento é bastante doado de intuír pero explicámolo igualmente: A bici estática ten un tambor no que metes a roupa sucia, auga e deterxente e poste a darlle ao pedal. 

De todas maneiras, aínda que é moi divertido, aínda lle vemos algunhas eivas á bicicleta-lavadora como o vaciado do tambor ou o centrifugado, aínda que supomos que isto último será a fase spinning do adestramento.

Cemento enerxético

Impresionante pero certo. Un grupo de científicos ven de desenvolver un composto con residuos de centrais eléctricas que, usándose para a construcción de edificios podería conseguir que estes funcionasen como xigantescas baterías de acumulación. Por se isto fora pouco, este tipo de material é máis barato que o cemento tradicional, o composto máis utilizado no mundo enteiro para a construcción. 

Funciona mediante a acumulación de enercía solar e, segundo as primeiras probas exitosas dos seus creadores, unha columna de 6 metros cunha pequena placa fotovoltaica sería capaz de autoabastecerse para expulsar a enerxía acumulada durante o día ao longo de toda a noite.