Inventos galegos

3 inventos galegos dos que (seguramente) non tiñas nin idea

O máximo expoñente da creación made in Galicia é e será sempre, Alexandre de Fisterra. Gloria eterna ao inventor do futbolín!

Pero, ademáis da nosa aportación histórica ao mundo lúdico, quizáis te sorprendan estas tres patentes de inventoras e inventores patrios.

Inventos galegos

A calculadora

Foi un veciño da Estrada, Ramón Verea, o responsable da primeira calculadora mecánica. Verea foi xornalista, mestre e ensaísta téndose formado tamén en mecánica e enxeñaría. En 1878 presentou na Exposición Mundial de Inventos de Cuba a súa calculadora, unha máquina de 22 kilos que multiplicaba e dividía por primeira vez sen necesidade de compartimentar as operacións en sumas. Era a primeira vez que se conseguía “automatizar” sumas, restas, divisións e multiplicacións nunha única ferramenta.

O libro electrónico

É certo que é un pouco ousado chamarlle e-book ao invento de Ánxela Ruiz Robles, se ben, foi esta ferrolana a que en 1948 sentaba as bases sen as que non podería entenderse o libro electrónico actual. Ruiz Robles desenvolveu un complexo sistema de carretes mediante o que se podía acceder á información equivalente dunha enciclopedia. Para sorpresa de… ninguén, lamentablemente, a Ruiz Robles non se lle recoñeceu en absoluto o mérito do seu libro mecánico que, de terse posto en circulación naquel momento, tería revolucionado o sistema de ensino en España. Mais, eran malos tempos para ser muller e iventora.

O sistema anti roubo de cable

Moito máis actual é a patente da empresa galega Sotecable S.L. que desenvolveu un sistema de argolas que evita a apertura e sustracción dos cables de cobre das farolas. Este problema supúñalle enormes gastos ás empresas e á Administración e, desa necesidade xurde en 2014 este invento galego.

Hai moitos máis exemplos de inventos revolucionarios desenvoltos por galegas e galegos que iremos coñecendo con vós en próximos artigos.