Lei de Cambio climático e Transición Enerxética

A Lei de Cambio Climático e Transición enerxética foi aprobada en maio de 2021 en base aos obxectivos propostos na Asemblea de París.

Esta lei, ten como principal cometido manter o aumento da temperatura global por debaixo dos 2 ºC, intentando limitalo mediante medidas de control de gases invernadoiro, entre outras emisións.

Algunhas das medidas que esta lei contempla a nivel de Estado español son:

  • Con data límite en 2040, todos os vehículos novos serán cero emisións. A partir dese ano todos os turismos e vehículos comerciais que se vendan serán sen emisión de CO2. Este gas (o CO2) é o principal gas de efecto invernadoiro que contribúe ao quecemento da atmosfera. 
  • Prohíbese outorgar novas autorizacións de exploración, permisos de investigación e concesións de explotación de hidrocarburos en todo o territorio estatal.Non se outorgarán tampouco permisos vinculados a recursos extraídos polas súas propiedades radiactivas, fisionables ou fértiles coma o uranio. Tamén quedan vetadas novas autorizacións a proxectos de producción de carbón. Así mesmo, remátase coa técnica de fracking.
  • Obrigarase ás gasolineiras a instalaren puntos de recarga de coches eléctricos. Nesta mesma liña, a partir do ano 2023 todos aqueles edificios que non estean destinados ao uso residencial e con máis de 20 prazas de aparcamento, terán que contar con infraestruturas de recarga.
  • Os municipios de más de 50.000 habitantes estarán obrigados a establecer zonas de baixas emisións para rebaixar a contaminación do aire. Un exemplo deste tipo de zonas sería Madrid Central, un espazo residencial no centro de Madrid que ten limitado o tráfico de vehículos contaminantes.

Pese a estas medidas, a lei resulta escasa para moitas opinións. Expertos medioambientalistas considérana pouco ambiciosa e insuficiente, considerando que debía terse aplicado hai moitos anos porque agora requírense xa outro tipo de medidas que afecten a sectores empresariais que continúan blindados.